Michael Olowokandi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Olowokandi
Posición Pivote
Dorsal 34, 41
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Nacemento 3 de abril de 1975 (48 anos)
Lagos
Carreira
Universidade Pacific (1995–1998)
NBA Draft 1998 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por Los Angeles Clippers
Tempadas 19982007
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     4 135 (8,3 pp)
Rebotes     3 414 (6,8 pp)
Tapóns     697 (1,4 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • 2º Equipo de Rookies NBA (1999)

Michael Olowokandi, nado en Lagos o 3 de abril de 1975, é un antigo xogador profesional nixeriano de baloncesto. Nado en Nixeria, foi á universidade nos Estados Unidos, e foi considerado un dos grandes fracasos do Draft da NBA tras ser elixido na primeira posición no ano 1998. Retirouse do baloncesto profesional en 2007.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Olowokandi foi elixido na primeira posición do Draft da NBA de 1998 polos Los Angeles Clippers.[1] Durante ó lockout da tempada 1998-99, fichou polo Kinder Bologna italiano. Máis tarde asinou o seu contrato cos Clippers e xogou alí durante cinco tempadas. Despois, asinou coma axente libre cos Minnesota Timberwolves, onde xogou pouco máis de dúas tempadas. O 26 de xaneiro de 2006, foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre varios xogadores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schmidt, Matt (27 de xuño de 2012). "The Worst No. 1 NBA Draft Picks Ever". ThePostGame. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]