BC Žalgiris Kaunas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| BC Žalgiris Kaunas | |
| Liga | Lietuvos Krepšinio Lyga |
| Fundado en | 1944 |
| Historia | 1944-presente |
| Pavillón | Kaunas Sports Hall (5000 espectadores) |
| Cidade | Kaunas, Lituania |
| Cores | Verde, Branco |
| Presidente | Arvydas Sabonis |
| Adestrador | Gintaras Krapikas |
| Títulos | 1 Euroliga 1 Eurocopa 1 Copa Intercontinental 1 Liga do Báltico 1 Copa do Báltico 1 NEBL 20 Ligas de Lituania 5 Ligas da URSS 1 Copa da URSS |
| Web | |
O BC Žalgiris Kaunas é o nome co que se coñece ao Basketball Club Žalgiris, un club de baloncesto lituano da cidade de Kaunas, que participa na Lietuvos Krepšinio Lyga e na Baltic Basketball League.
Índice |
Historia [editar]
Fundado en 1944, é o máis prestixioso club de baloncesto de Lituania tanto polos títulos nacionais e internacionais acadados como pola calidade dos xogadores que se formaron na súa canteira, como Arvydas Sabonis ou Saulius Stombergas.
Actualmente compite na Liga nacional de Lituania e na Euroliga. Desputa os seus encontros no Kaunas Sports Hall, con capacidade para 5.000 espectadores. As cores do equipos son o verde e o branco.
Palmarés [editar]
Títulos internacionais [editar]
- 1 Euroliga: 1999.
- 1 Eurocopa: 1998.
- 1 Copa Intercontinental: 1986.
- 1 Liga do Báltico: 2005.
- 1 Copa do Báltico: 1998.
- 1 NEBL: 1999.
Títulos nacionais [editar]
- 20 Ligas de Lituania: 1946, 1950, 1952, 1953, 1954, 1955, 1958, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2003, 2004, 2005, 2007 e 2008.
- 5 Ligas da URSS: 1947, 1951, 1985, 1986 e 1987.
- 1 Copa da URSS: 1953.