Maccabi Tel Aviv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maccabi Tel Aviv (en hebreo: מכבי תל אביב), a miúdo coñecido sinxelamente como Maccabi, é a asociación deportiva máis importante de Israel. Con sede na cidade de Tel Aviv, dispón de seccións en diferentes deportes, entre as que destacan as de baloncesto, fútbol, balonmán e voleibol. O club tamén conta con equipos de judo, natación e outras disciplinas. A máis coñecida de todas elas é a do deporte da canastra, cinco veces campioa de Europa.

Sección de baloncesto[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Maccabi Tel Aviv B.C..

O Maccabi Tel Aviv B.C., é o conxunto máis laureado do baloncesto israelí e un dos máis prestixiosos de Europa. O Maccabi baloncesto foi fundado a mediados dos anos 30 e dende entón foi o dominador absoluto do baloncesto do seu país ao gañar 48 títulos de Liga e 37 de Copa (a maio de [[2010]). Pero o gran prestixio do Maccabi débese, con todo, ás súas participacións nas competicións internacionais. Os "macabeos" (como son popularmente coñecidos) gañaron en cinco ocasións a Euroliga, sendo finalista noutras oito. Tamén conquistaron a Copa Intercontinental nunha ocasión.

Este conxunto de Tel Aviv é o equipo da FIBA que en máis ocasións se enfrontou a franquías da NBA ao disputar once partidos, vencendo en catro deles. En 1978, derrotou aos Washington Bullets; en 1984, aos New Jersey Nets e aos Phoenix Suns, e en 2005, aos Toronto Raptors no seu propio pavillón. Desta forma, o Maccabi converteuse no primeiro conxunto da FIBA que derrotou a un da NBA na súa propia cancha.

Sección de fútbol[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Maccabi Tel Aviv F.C..

A sección de Fútbol, o Maccabi de Tel Aviv F.C., é un do equipo máis importantes do país ao lograr 20 Ligas, 22 Copas e 2 Copas de Asia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maccabi Tel Aviv