Pallacanestro Varese
| Pallacanestro Varese | |
| Liga | Serie A |
| Fundado en | 1946 |
| Historia | 1946-actualidade |
| Pavillón | PalaWhirlpool (5.300 espectadores) |
| Cidade | Varese, Italia |
| Cores | Vermello, Branco |
| Presidente | Claudio Maria Castiglioni |
| Adestrador | Carlo Recalcati |
| Títulos | 3 Copas Intercontinentais, 5 Copas de Europa, 2 Recopas de Europa, 10 Ligas Italianas, 4 Copas de Italia e 1 Supercopa de baloncesto de Italia |
| Web | |
O Pallacanestro Varese é un equipo de baloncesto italiano da localidade de Varese, na Lombardía. Fundado en 1946, é xunto co Olimpia Milano e o Virtus Bologna o equipo italiano con máis títulos. Durante os anos '60 e '70 foi considerado o mellor equipo de Europa e un dos mellores do mundo, foi durante estes anos cando acadou a meirande parte dos seus títulos. Durante aqueles anos, ademais de múltiples e variados títulos, fixo algúns récords aínda non superados: desputou 10 finais consecutivas da Copa de Europa entre 1970 e 1979, e estivo 13 anos imbatido en competicións europeas, colleitando 46 vitorias consecutivas entre o 10 de marzo de 1965 e o 25 de xaneiro de 1978.
A pesares de que o seu nome oficial é Pallacanestro Varese, pasou á historia coma o Ignis Varese ou o Mobilgirgi Varese, polos nomes comerciais que lle deron as empresas que o patrocinaban nos anos '60 e anos '70. Actualmente está patrocinado pola empresa Cimberio, polo que de cotío é chamado Cimberio Varese.
Índice |
Patrocinadores [editar]
- Storm (1954-56)
- Ignis (1956-75)
- Mobilgirgi (1975-78)
- Emerson (1978-80)
- Turisanda (1980-81)
- Cagiva (1981-83)
- Star (1983-84)
- Ciao Crem (1984-85)
- Divarese (1985-89)
- Ranger (1989-92)
- Cagiva (1992-97)
- No name sponsorship (1997-99)
- Varese Roosters (1999-01)
- Metis (2001-04)
- Casti Group (2004-05)
- Whirlpool (2005-07)
- Cimberio (2007-present)
Palmarés [editar]
Títulos internacionais [editar]
- 3 Copas Intercontinentais: 1966, 1970 e 1973.
- 5 Copas de Europa: 1969-1970, 1971-1972, 1972-1973, 1974-1975 e 1975-1976.
- 2 Recopas de Europa: 1966-1967 e 1979-1980.
Títulos nacionais [editar]
- 10 Ligas Italianas:1960-1961, 1963-1964, 1969-1970, 1970-1971, 1972-1973, 1973-1974, 1976-1977, 1977-1978 e 1998-1999.
- 4 Copas de Italia: 1968-1969, 1969-1970, 1970-1971 e 1972-1973.
- 1 Supercopa de baloncesto de Italia: 1999.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial (en italiano)