Mens Sana Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mens Sana Basket Siena
Liga Liga de baloncesto de Italia
Fundado en 1893
Historia 1993-presente
Pavillón Palasport Mens Sana (7.025 espectadores)
Cidade Siena, Italia Italia
Cores Verde, Branco
Presidente Italia Roberto Morrocchi
Adestrador Italia Simone Pianigiani
Títulos 7 Ligas italiana
4 Copa de Italia
6 Supercopas italiana
1 Copa Saporta
Web

O Mens Sana Basket Siena é o nome da sección de baloncesto da Polisportiva Mens Sana, un club polideportivo da cidade de Siena, na rexión da Toscana, Italia. O club é frecuentemente denominado como Montepaschi de Siena, en referencia ao seu patrocinador, a Banca Monte dei Paschi di Siena.

A Polisportiva Mens Sana foi fundada en 1871, e está considerada coma o club deportivo máis antigo de Italia. Amais, considérase que este club foi o primeiro en organizar partidos de baloncesto pouco despois de 1891 cando James Naismith inventou este deporte. A sección de baloncesto Mens Sana Basket, no entanto, non se profesionalizou ata 1973, cando o equipo ascendeu á primeira división da Liga de baloncesto de Italia por primeira vez na súa historia. Dende entón o Mens Sana Basket non cesou de progresar e, grazas ao patrocinio da Banca Monte dei Paschi di Siena puido medrar ata converterse, nos anos 2000 nun dos clubs de baloncesto máis recoñecidos de Italia e Europa ao gañar seis Ligas italianas e participar catro veces na "Final Four" da Euroliga.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]