Pallacanestro Cantù
| Pallacanestro Cantù | |
| Liga | Liga de baloncesto de Italia |
| Fundado en | 1936 |
| Historia | 1936-presente |
| Pavillón | Palasport Pianella (3910 espectadores) |
| Cidade | Cantù, Italia |
| Cores | Azul e branco |
| Presidente | Alessandro Corrado |
| Adestrador | Andrea Trinchieri |
| Títulos | 3 Ligas 1 Copas de Italia 2 Mundial de Clubs de Baloncesto 2 Euroligas 4 Recopa de Europa 4 Copa Korac |
| Web | |
O Pallacanestro Cantú é un club de baloncesto |italiano da cidade de Cantú, na provincia de Como (Lombardía).
Índice |
Historia [editar]
Fundado en 1936 por Mario Broggi e Angiolino Polli, o Pallacanestro Cantú chegou a convertirse nun dos mellores clubes de baloncesto de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa pese a estar situado nunha cidade de aproximadamente 35000 habitantes. No seu palmarés destacan dous títulos da Euroliga, catro Recopas de Europa, e catro Copas Korac. Actualmente milita na Serie A (máxima categoría) da Liga Italiana de Baloncesto, que gañou en tres ocasións.
A pesares de que o nome oficial do club é "Pallacanestro Cantú", xeralmente foi coñecido polo nome comercial que recibiu dos diferentes patrocinadores cos que contou ao longo da súa historia: Forst, Clear, Squibb e Ford son algúns dos máis coñecidos.
Nomes ao longo da súa historia [editar]
- Milenka Cantù (1954-55)
- Oransoda Cantù (1956-58, 1965-69)
- Fonte Levissima Cantù (1958-65)
- Forst Cantù (1970-77)
- Gabetti Cantù (1977-80)
- Squibb Cantù (1980-82)
- Ford Cantù (1982-83)
- Jollycolombani Cantù (1983-85)
- Arexons Cantù (1985-87)
- Vismara Cantù (1987-90)
- Shampoo Clear Cantù (1990-94)
- Polti Cantù (1994-99)
- Canturina Cantù (1999-00)
- Poliform Cantù (2000-01)
- Oregon Scientific Cantù (2001-04)
- Vertical Vision Cantù (2004-06)
- Tisettanta Cantù (2006-08)
- NGC Medical Cantù (2008-2010)
- Bennet Cantù (2010-)
Palmarés [editar]
Títulos internacionais [editar]
- 2 Copas de Europa:1981-82 e 1982-83.
- 4 Recopas de Europa:1976-77, 1977-78, 1978-79 e 1980-81.
- 4 Copas Korac:1972-73, 1973-74, 1974-75 e 1990-91.
- 2 Copa Intercontinental de Baloncesto:1974-75 e 1981-82.
Títulos nacionais [editar]
- 3 Liga de baloncesto de Italia: 1967-1968, 1974-1975, 1980-1981.
- 1 Supercopa Italiana de Baloncesto:2003-2004.