Panathinaikos BC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panathinaikos BC
PAO BC Panathinaikos logo.jpg
Competición A1 Ethniki
Fundado 1922
Cidade Grecia Atenas (Grecia)
Pavillón OAKA Indoor Hall (19.250)
Cores           Verde e branco
Presidente Pavlos Giannakopoulos
Adestrador Željko Obradović
Euroliga 6 (1996, 2000, 2002, 2007, 2009, 2011)
A1 Ethniki 32 (1946, 1947, 1950, 1951, 1954, 1961, 1962, 1967, 1969, 1971-75, 1977, 1980-82, 1984, 1998-01, 2003-11)
Copa 12 (1979, 1982, 1983, 1986, 1993, 1996, 2003, 2005-09)
Intercont. 1 (1996)
Alcume PAO (ΠΑΟ)
Tripla coroa 2 (2007, 2009)
Patrocinador Pame Stihima
Vestimenta Adidas
Sitio Web www.paobc.gr

O K.A.E. Panathinaikos Athlitikos Omilos (en grego: Κ.Α.Ε. Παναθηναϊκός, transliterado en galego: K.A.E. Panathinaikos) é un equipo profesional de baloncesto grego con sede na cidade de Atenas. O club é tamén coñecido de xeito habitual como PAO, que son as siglas de "Panathinaikos Athlitikos Omilos". O donos do club son os magnates da industria farmacéutica Pavlos Giannakopoulos e Thanassis Giannakopoulos. O equipo foi fundado en 1922, converténdose dende aquela no equipo con máis éxito do baloncesto grego, e nun dos máis importantes de Europa. O Panathinaikos gañou até o momento trinta ligas gregas, doce copas, seis Euroligas, un Campionato do Mundo FIBA e dúas triplas coroas.