Eurocup Basketball
| Fundación | 2002 |
|---|---|
| Rexión | (FIBA Europa) |
| Equipos | 32 (fase de grupos) |
| Actual campión | |
| Máis laureado | |
| Emisión en TV | Eurosport |
| Lema | I Feel Devotion |
| Sitio web | www.eurocupbasketball.com |
A ULEB Eurocup é unha competición europea de baloncesto organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) na que compiten os equipos mellor clasificados das ligas nacionais que non estean clasificados para disputar a Euroliga. Dende a tempada 2008-2009, esta competición, a segunda competición europea de clubs, comezouse a chamar "Eurocup" (antes ULEB Cup). Na Eurocup participan trinta e dous equipos, vinte e catro clasificados directamente, mentres que os oito restantes acceden a través de dúas roldas eliminatorias. O campión do torneo participa ao ano seguinte na Euroliga.
Esta competición foi creada na tempada 2002-2003 para recoller a testemuña da desaparecida Copa Korać que organizou a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) entre 1972 e 2002, considerada a segunda en importancia do continente tras a Euroliga, tamén organizada pola ULEB.
Índice |
Sistema de competición [editar]
A competición organízase do seguinte modo:
- Qualifying Round. É unha rolda de clasificación na que participan 16 equipos, que disputan unha eliminatoria directa entre dous equipos, a dobre partido (ida e volta), cuxo vencedor accede á Regular Season.
- Regular Season. É a primeira fase, na que participan 32 equipos que se distribúen en oito grupos de catro cada un. Xógase en forma de liguiña, de tal modo que todos os participantes encadrados nun mesmo grupo enfróntanse entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada un, avanzan á seguinte fase.
- Last 16. É unha rolda na que participan 16 equipos, que se distribúen en catro grupos de catro cada un. Xógase en forma de liguiña, de tal modo que todos os participantes encadrados nun mesmo grupo enfróntanse entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada un, avanzan a cuartos de final.
- Quarter Finals. A rolda de cuartos de final dispútase a partido de ida e volta. Os equipos clasificados no Last 16 en primeiro lugar disputan o partido de volta en casa. Clasifícanse para a fase final os equipos gañadores desta rolda.
- Eurocup Finals. A finais da Eurocup dispútase nunha sede única, con formato de Final a Catro ou Final Four. Os catro equipos clasificados equipos disputan as roldas de semifinais e a final a partido único.
Historial [editar]
Palmarés [editar]
Clubs [editar]
| Equipo | Título/s | Ano/s |
|---|---|---|
| 2 | 2004-05 e 2008-09 | |
| 2 | 2002-03 e 2009-10 | |
| 1 | 2003-04 | |
| 1 | 2005-06 | |
| 1 | 2006-07 | |
| 1 | 2007-08 | |
| 1 | 2010-11 | |
| 1 | 2011-12 | |
| 1 | 2012-13 |
Adestradores [editar]
| Entrenador | Títulos | Años |
|---|---|---|
| 1 | 2002-03 | |
| 1 | 2003-04 | |
| 1 | 2004-05 | |
| 1 | 2005-06 | |
| 1 | 2006-07 | |
| 1 | 2007-08 | |
| 1 | 2008-09 | |
| 1 | 2009-10 | |
| 1 | 2010-11 |