Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandar "Saša" Đorđević (en serbio cirílico: Александар Ђорђевић Саша, transcrito habitualmente como Sasha Djordjevic), nado o 26 de agosto de 1967 en Belgrado, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex-xogador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base.
Traxectoria [editar]
Base titular da selección de baloncesto de Iugoslavia dos anos 1990, participou activamente na consecución de importantes éxitos internacionais como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996 de Atlanta, a medalla de ouro no Mundobasket de Grecia de 1998, e tres medallas de ouro en tres edicións do Eurobasket.
Chegou a xogar en Portland Trail Blazers da NBA na tempada 1996-97, aínda que o seu paso polo equipo foi breve xa que só xogou 8 partidos (61 minutos en total) nos que fixo unha media de 3,1 puntos por encontro. Tras o seu retiro como xogador profesional, iniciou a súa carreira como adestrador no club italiano Armani Jeans de Milán. En maio de 2003 obtén a nacionalidade española por carta de natureza outorgada polo consello de ministros.
Títulos internacionais de Selección [editar]
- 1 Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de 1996.
- 1 Medalla de Ouro no Mundobasket de Grecia'1998.
- 3 Medallas de Ouro no Eurobasket de Roma'1991, Atenas'1995 e Barcelona'1997.
- 1 Medalla de Bronce no Eurobasket de Atenas 1987.
- 1 Medalla de Ouro no Mundobasket Junior de Bormio'1987.
- 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Junior de Gmunden'1986.
- 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Xuvenil de Rousse'1985.
Títulos internacionais de Club [editar]
-
-
Títulos nacionais de Club [editar]
-
-
Distincións individuais [editar]
- Elixido "Mellor Xogador" do Eurobasket de Barcelona de 1997.
- Gañador do concurso de triplos do "ULEB All Star" de Valencia'1994.
- Gañador do concurso de triplos do "FIBA All Star" de Tel Aviv'1997.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
| Xogadores |
|
|
| Adestradores |
|
|
| Árbitros |
|
|