Lega Basket Serie A
| Fundación | 1920 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 16 |
| Actual campión | Montepaschi Siena |
| Máis laureado | Olimpia Milano |
| Sitio web | www.legabasket.it |
Lega Basket Serie A é a principal competición do baloncesto profesional italiano, onde os competidores enfróntanse para proclamarse o campión nacional. A tempada consiste nun almanaque de trinta partidos disputado a ida e volta, seguidos dunha serie eliminatoria na que se enfrontan os oito primeiros da fase regular. Os cuartos de final e semifinais son ao mellor de cinco partidos e a final ao de sete. Os dous últimos equipo clasificados na liga regular descenden á Lega Due (segunda división).
Fundada en 1920, a Lega é unha das tres competicións domésticas clasificadas co rango "A" pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto, xunto coa ACB e a HEBA, o que a converte nunha das competicións deste deporte máis importantes a nivel mundial. Ademais da Serie A, as outras dúas grandes competicións do baloncesto italiano son a Coppa Italia e a Supercoppa Italia, que enfronta a principios de cada tempada ao campión da Liga e ao campión de Copa nunha final a partido único.
Índice |
Historia [editar]
A primeira vez que se organizou unha liga nacional de baloncesto en Italia foi 1920, gañando o primeiro título foi gañado. Dende aquela, o equipo que máis "Scudetto" gañou foi o Olimpia Milano con vinte e cinco. Até o momento vinte equipos diferentes gañaron o campionato desde o seu inicio, con todo, nos últimos anos a liga foi dominada por uns poucos equipos:
- Benetton Treviso, con cinco Scudetto dende 1992.
- Virtus Bologna, con cinco Scudetto entre 1993 e 2001.
- Fortitudo Bologna (agora na Serie A Dilettanti, terceira división), que aínda que gañou só dous, apareceron nas finais seis veces dende 1996 até 2004.
- Montepaschi Siena, con seis Scudetto dende 2004, campión cinco veces consecutivas dende 2007 a 2011.
Até a década de 2000, o campionato italiano era considerado a liga doméstica máis importante en Europa, sendo agora considerada a segunda mellor despois da Liga ACB. Actualmente é unha das únicas tres ligas co rango "A" da ULEB xunto á propia ACB e a A1 Ethniki grega.
Até a tempada 2007-08 participaban na liga dezaoito equipos. Porén, en setembro de 2008 dous clubs, o Basket Napoli (non relacionado co actual NSB Napoli, que se trasladou dende Rieti a Nápoles en 2008) e o Orlandina, foron relegados das competicións profesionais pola forza debido a irregularidades financeiras, non sendo substituídos para a tempada 2008-09. Así, na actualidade compiten na Lega dezaseis equipos.
Clubs da tempada 2011-2012 [editar]
Palmarés [editar]
- 25 títulos: Olimpia Milano.
- 15 títulos: Virtus Bologna.
- 10 títulos: Pallacanestro Varese.
- 7 títulos: Mens Sana Basket Siena.
- 6 títulos: Assi Milano.
- 5 títulos: Ginnastica Triestina, Benetton Treviso.
- 4 títulos: Ginnastica Roma.
- 3 títulos: Pallacanestro Cantù.
- 2 títulos: Reyer Venezia, Victoria Libertas Pesaro, Fortitudo Bologna.
- 1 título: SEF Constanza Milano, Internazionale Milano, Virtus Roma, Juvecaserta Basket.