The Lord of the Rings: The Return of the King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei
Título orixinal The Lord of the Rings: The Return of the King
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Peter Jackson
Produtor Peter Jackson
Barrie M. Osborne
Frances Walsh
Guión Philippa Boyens
Peter Jackson
Frances Walsh
Baseado en O regreso do Rei de J. R. R. Tolkien
Intérpretes Elijah Wood
Ian McKellen
Sean Astin
Andy Serkis
Viggo Mortensen
Dominic Monaghan
Billy Boyd
John Rhys-Davies
Orlando Bloom
Liv Tyler
Bernard Hill
John Noble
David Wenham
Sala Baker
Lawrence Makoare
Hugo Weaving
Miranda Otto
Karl Urban
Cate Blanchett
Música Howard Shore
Fotografía Andrew Lesnie
Montaxe Jamie Selkirk
Annie Collins
Estudio WingNut Films
Saul Zaentz
Distribuidor New Line Cinema
Ano 2003
Duración 201 minutos Versión estendida: 251 minutos
País Nova Zelandia Nova Zelandia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Xénero Acción, Aventura, Fantasía
Orzamento $94.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior O Señor dos Aneis: As Dúas Torres
Filme seguinte The hobbit (triloxía)
Ficha en IMDb

The Lord of the Rings: The Return of the King é a terceira parte da triloxía cinematográfica d´O Señor dos Aneis. Dirixida por Peter Jackson, está baseada na terceira parte da obra de J. R. R. Tolkien. Tivo un orzamento de 94 millóns de dólares. En galego podería traducirse por O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei.

Os primeiros dous filmes foron O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel e O Señor dos Aneis: As Dúas Torres, aínda que neste filme engadíronse algúns eventos do libro anterior, As Dúas Torres.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A historia comeza cun recordatorio de como o hobbit Sméagol chegou a ter o Anel Único, matando ó seu amigo Déagol que o atopara no fondo dun río (onde se perdera moitos anos antes). Dende entón, a historia continúa onde se ve como Gollum leva a Frodo e a Sam, a través da entrada preto de Minas Morgul, onde ven os seus exércitos escuros.

Trala vitoria na batalla do Abismo de Helmo, unha compaña de soldados de Rohan, xunto con Gandalf, Aragorn, Legolas, Gimli, Théoden e Éomer van a Isengarda, a fortaleza de Saruman. Atopárona completamente destruída polos Ents, e volven a reunirse con Merri e Pippin. Entre as ruínas da cidade, Pippin atopou o Palantír (a pedra vidente de Saruman), que Gandalf garda rapidamente.

Despois das celebracións da vitoria, Pippin tiña unha gran curiosidade de ver a pedra de novo, e tómaa mentres Gandalf durmía. Viu nela o ollo de Sauron, que tentou obter información de Pippin, pero Gandalf foi quen de intervir rapidamente, e Pippin non lle revelou nada a Sauron. Con todo, Pippin viu en Sauron unha cousa importante: unha árbore branca. Gandalf soubo que era a Árbore Branca de Minas Tirith, polo que adiviñou que Sauron estaba planeando atacar Minas Tirith. Gandalf parte inmediatamente para advertir e levou a Pippin consigo para protexelo de Sauron na cidade. Pero ó chegar atoparon ó Rexente Denethor II aflixido pola morte do seu fillo favorito, Boromir, e completamente indiferente a todo o demais. Sentíndose parcialmente responsable, xa que Boromir morreu defendéndoo, Pippin ofrece os seus servizos a Denethor como soldado. Por outra banda, Denethor non se fía de Gandalf xa que sabe que o acompaña Aragorn, quen debe recuperar o seu trono, como o herdeiro de Isildur, o que significaría o derrocamento de Denethor. Por todo isto Denethor rexeita seguir o consello de Gandalf para pedir a axuda de Rohan. Pero Gandalf decide chamar a axuda de Rohan, e envía a Pippin a prender os fachos de Minas Tirith. Aragorn ó advertir a petición de axuda, comunícalla a Théoden, quen a pesar das súas dúbidas (xa que Gondor no lle axudou na Batalla do Abismo de Helmo nin nos outros ataques de Saruman), ó final decide reunir o seu exército para marchar á guerra.

As forzas de Rohan toman varios días para reunir ós seus xinetes para partir cara Minas Tirith, e Théoden laméntase de que non todos os seus súbditos acudan á súa chamada e que non terán forza abonda para derrotar a Mordor, pero decide continuar a marcha. Aragorn recibe unha visita misteriosa de Elrond: a súa filla Arwen viu un futuro no que podería ter fillos con Aragorn e decidiu permanecer na Terra Media. Entón Elrond ofrece a súa axuda na guerra forxando a gran espada Narsil, a espada coa que Isildur derrotou a Sauron. Con esa espada, Aragorn, Legolas e Gimli deixan ó resto do exército de Rohan e entran nunha cova onde habita o exército dos mortos. Son pantasmas que prometeran axudar a Isildur, pero que ó final se botaran atrás, de xeito que tras a súa vitoria sobre Sauron, Isildur maldiciunos para que, mesmo despois da morte, non tivesen paz. Soamente se un día pagaban a súa débeda poderían facelo. Aragorn reclamou a súa axuda, prometendo como Rei de Gondor que daría a débeda por cumprida.

Gollum, con todo, logra que Frodo desconfíe de Sam, e afástao da viaxe, xusto cando o fixo entrar no paso de Cirith Ungol e á cova de Ella-Laraña. Aínda así, conseguiu liberarse e atacar a Gollum. Gollum dixo ser inocente, que o Anel o obrigaba a facer o que fixo e, finalmente, Frodo dille para que vai a Mordor: para destruílo. Gollum ataca de novo, pero cae nun barranco. Frodo é atrapado por Ella-Laraña despois diso, pero Sam logra expulsala. Sam pensou que Frodo estaba morto polo veleno que lle foi inxectado e colleu o anel para continuar a misión, e despois viñeron algúns orcos. Sam ocultouse, e os orcos atoparon e colleron o corpo de Frodo, e comentaron que non estaba morto, só inconsciente por varias horas. Sam infíltrase na fortaleza e libera a Frodo, e continúan a súa viaxe disfrazados como orcos.

Denethor enviou ó seu fillo Faramir nunha misión destinada ao fracaso, para recuperar un reduto de Minas Tirith, Osgiliath, anteriormente conquistado polos orcos. Faramir aceptou a misión só porque devecía amosarlle ó seu pai que tamén era un soldado leal e valente como Boromir. O seu grupo apenas volta con vida, xa que estaba sendo aniquilado polos Nazgûl, de non ser pola axuda de Gandalf, e Denethor ó ver ó seu fillo ferido por varias frechas toleou, créndoo morto. Mentres que a maior parte das forzas de Mordor avanzan sobre a cidade, Denethor estaba co seu fillo para queimarse con el nunha pira. Gandalf foi quen de retirar a Faramir do lume, que aínda estaba vivo, pero Denethor morre incinerado.

As forzas de Mordor malamente podían ser contidas, e co gran ariete Grond derrubaron as portas da cidade. Cando a derrota estaba próxima, aparecen no horizonte os cabaleiros de Rohan, que volven a igualar a situación. Entón Mordor recibiu poderosos reforzos: un exército procedente do sur (Haradrim) con elefantes de guerra.

A batalla dos Campos de Pelennor parecía inclinarse a favor do exército de Théoden, pero despois foi mortalmente ferido polo Señor dos Nazgûl, o Rei Bruxo de Angmar que non podía ser derrotado por ningún home, e ordena ó seu dragón que devore ó rei caído. Éowyn ven na súa defensa e derrota ó espectro coa axuda de Merri. O Rei Bruxo finalmente desapareceu, derrotado non polo home, senón por unha muller e un hobbit.

Despois chegan tamén varios barcos piratas das forzas de Mordor que atracan no peirao do Osgiliath, pero para a sorpresa dos orcos, os barcos están baixo o poder de Aragorn, Legolas e Gimli e o seu exército de pantasmas. Co exército dos mortos, limpan os campos de Pelennor completamente: todas as de criaturas de Mordor que foron á guerra foron aniquiladas rapidamente.

Despois da batalla, reclamaron a Aragorn a súa promesa de liberar. Gimli aconsellamos a non, Mordor aínda era un perigo e foron moi útiles, pero Aragorn mantivo a súa promesa. Os espectros desapareceron.

Gandalf dixo, durante unha discusión, que resistir os ataques era inútil, xa que Mordor era máis poderoso e acabará por gañar. A súa única esperanza era que Frodo lograse destruír o Anel. O único xeito de axudar era marchar en dirección á Porta Negra, para atraer a atención do ollo de Sauron. Todos os sobreviventes foron para o Porta Negro, onde Aragorn esixiulle a Sauron a rendición, pero as portas abríronse e apareceu o exército do Señor Escuro, e un mar de inimigos cercaban.

Frodo e Sam finalmente chegan ó Monte do Destino, onde Gollum reaparece para recuperar o anel. Pero unha vez no borde do lume onde Frodo podería tirar o anel e destruílo finalmente, sucumbe ao seu poder e reclámao para si mesmo. Gollum entón reaparece e faise co anel ó tempo que cae ó lume. Nese intre a Torre de Sauron desmorónase, e o gran ollo estoura, Mordor cae no chan e todos os orcos foxen.

Gandalf rescata a Sam e a Frodo do Monte do Destino, que estaba a votar lava polas súas faldras, montado en Gwaihir, o Señor dos Ventos, e os hobbits foron homenaxeados en Gondor durante a coroación de Aragorn como rei. Entón regresan á Comarca, onde Sam casa con Rosa Cotón. Frodo escribe as súas memorias e deixa o final do libro para Sam e, finalmente, marcha para as Terras Inmortais con Bilbo, Gandalf, Elrond, Galadriel e os outros elfos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Os seguintes só aparecen na versión estendida

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2003: 11 premios Oscar, entre eles mellor filme e mellor director. 11 nomeamentos.
  • 2003: 4 Globos de Ouro: Mellor filme dramático, director, bso, canción orixinal.
  • 2003: 5 premios BAFTA, incluíndo Mellor fotografía, efectos visuais. 13 nomeamentos.
  • 2003: National Board of Review: Mellor reparto.
  • 2003: Círculo de críticos de Nova Iorque: Mellor filme.
  • 2003: Toronto: Mellor director (Peter Jackson).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]