Braveheart
| Braveheart | |
|---|---|
| Título orixinal | Braveheart |
| Ficha técnica | |
| Director | Mel Gibson |
| Produtor | Bruce Davey Mel Gibson Alan Ladd Jr. Dean Lopata Stephen McEveety Elisabeth Robinson |
| Guión | Randall Wallace |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Mel Gibson Sophie Marceau Patrick McGoohan Angus Macfadyen Brendan Gleeson Catherine McCormack |
| Música | James Horner |
| Fotografía | John Toll |
| Montaxe | Dani Valdes |
| Estudio | Icon Productions The Ladd Company |
| Distribuidor | EE.UU Paramount Pictures fóra de EE.UU 20th Century Fox |
| Ano | 1995 |
| Duración | 117 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama, Histórico, Idade Media, Amor |
| Orzamento | $72.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Braveheart é unha longametraxe dirixida e protagonizada por Mel Gibson estreada nos cines en 1995. O guión foi escrito por Randall Wallace, do que despois se fixo unha novela. É un filme que conta a historia do heroe nacional escocés William Wallace e a súa loita contra os ingleses e o seu tiránico rei Eduardo I de Inglaterra. Está baseado en feitos reais.
O filme gañou cinco Premios Oscar na 68ª edición dos Oscar, incluíndo o Mellor filme e Mellor director e foi nomeado a outros cinco.
Índice |
Argumento [editar]
William Wallace (Mel Gibson) é un rebelde escocés, que lidera una revolta popular contra o rei Eduardo I de Inglaterra alcumado "Longshanks" (Patrick McGoohan), que quere a coroa de Escocia, aproveitando que o derradeiro rei escocés non tivo herdeiros.
De neno (cara o 1280) Wallace perdeu ó seu pai e ó seu irmán a mans dos ingleses, como moitos outros asasinados naquela época. O xove William pasou a vivir co seu tío Argyle (Brian Cox), que o leva con el ó estranxeiro para que teña unha boa educación. Anos despois volve a Escocia coa intención de vivir en paz. Longshanks aumenta a súa opresión ó restablecer o Ius primae noctis (Dereito de pernada).
Cando a súa amada Murron McGlannough (Catherine McCormack), coa que casara en segredo, é asasinada polo Sheriff de Lanark, a súa determinación de loitar a morte para liberar a Escocia do xugo inglés xa non ten volta atrás. O seu valor e intelixencia fan que as súas filas estean cheas de voluntarios, como os membros do seu clan, o seu amigo da infancia Hamish Campbell (Brendan Gleeson), e o carismático irlandés Stephen o Tolo (David O'Hara), levando ós escoceses a inflixir ós ingleses unha dura derrota na batalla da ponte de Stirling.
Trala vitoria, Wallace é nomeado "Gardián de Escocia" polos nobres, pero é consciente da desunión destes. O dubitativo Robert Bruce (Angus Macfadyen), herdeiro ó trono de Escocia, debátese entre os consellos do seu pai leproso (Ian Bannen) de pactar con Inglaterra e o seu desexo de seguir os pasos de Wallace.
Wallace invade o norte de Inglaterra e conquista Iork, e ademais atopa unha inesperada aliada na esposa do afeminado príncipe de Gales (Eduardo II de Inglaterra), a princesa Sabela de Francia (Sophie Marceau), a quen o tirano enviara a negociar para gañar tempo, pero ela ponse da súa parte e ambos teñen un intenso romance.
Longshanks envía todas as súas forzas para enfrontarse a Wallace, entre outras, tropas irlandesas, arqueiros galeses e tropas procedentes de Francia. Wallace decátase do movemento das tropas de Longshanks e reúne ós nobres, os cales desexan pactar co rei inglés, pero Wallace consegue a palabra de Robert Bruce de que os nobres loitarán.
Finalmente, iníciase a Batalla de Falkirk, Longshanks envía ós irlandeses contra Wallace, pero estes únense ós escoceses. As tropas de Wallace cargan contra a infantería inglesa, e prodúcese unha cruel loita. Ó ollar as súas costas, Wallace decátase de que os nobres están a fuxir, entón Longshanks ordena disparar ós seus arqueiros aínda que sabe que as frechas tamén ferirán ós seus soldados. O exército escocés é derrotado, e o propio Wallace é ferido no peito por unha frecha. Pero Wallace, colle o seu cabalo e comeza a perseguir ós nobres ingleses que se retiraban. Un cabaleiro bátese con el e logra derribalo. Cando se achega a Wallace, que estaba tendido no chan aparentemente inconsciente, este logra desenmascaralo é ve que non e outro senón o propio Robert Bruce.
Wallace e os seus aliados reorganizan a resistencia. Os nobres que o traizoaron en Falkirk morren pola súa man. Wallace convértese nunha auténtica lenda e fíxose máis perigoso que nunca para os ingleses. Por outra banda, el sabe que sen o apoio da nobreza, no hai nada que facer. Por iso arríscase a reunirse con eles en Edimburgo, a petición de Bruce (quen realmente desexa poñerse do seu lado). Pero os demais nobres teñen outros plans, e Wallace é capturado polos ingleses, para desesperación de Bruce, quen culpa do engano ó seu pai.
Wallace é levado a Londres, acusado de traizón. Foi brutalmente torturado e decapitado, pero aínda así nunca se arrepentiu por loitar pola liberdade de Escocia.
Epílogo [editar]
O seu sacrificio non caeu en saco roto. Eduardo I de Inglaterra falece e sucédeo o feble e afeminado Eduardo II. Anos máis tarde Robert Bruce é rei de Escocia, pero debe render vasalaxe ó monarca inglés. No canto diso, Bruce decide loitar, e derrota na batalla de Bannockburn (1314) a un exército inglés superior en número que non agardaba que os escoceses opuxeran resistencia.
O filme remata coa voz de Mel Gibson dicindo que os escoceses gañaron a súa liberdade nesa batalla loitando como poetas guerreiros.
Personaxes [editar]
- Mel Gibson como William Wallace, o heroe tráxico do filme. Cando o seu pai e irmán foron asasinados por soldados ingleses, marchou de Escocia e viaxou polo mundo co seu tío. Tempo despois, volta e casa coa súa amiga da infancia Murron. Despois de que Murron fose asasinada por un maxistrado inglés, Wallace lidera unha revolta esixindo xustiza, o que leva á Primeira Guerra de Independencia de Escocia.
- Patrick McGoohan como Rei Eduardo I de Inglaterra, o principal antagonista. Alcumado "Longshanks" pola súa altura de 6 pés, o Rei é retratado como un psicópata tiránico. Tamén aparece como un pai emocionalmente e fisicamente abusivo co seu fillo. Determinado a derrotar o levantamento de Escocia, pretende garantir o seu dominio sobre toda a Gran Bretaña.
- Angus Macfadyen como Robert Bruce, fillo do vello Bruce e candidato ó trono de Escocia, é inspirado pola dedicación e bravura de Wallace.
- Brendan Gleeson como Hamish Campbell. Amigo de Wallace dende nenos e capitán do exército de Wallace, é valente e pensa cos puños.
- Sophie Marceau como Sabela de Francia, que se solidariza cos escoceses e admira a Wallace.
- Peter Hanly como Prince Eduardo, Príncipe de Gales. O fillo do Rei Eduardo e marido da Princesa Isabel por un matrimonio concertado. É homosexual, é sofre abusos emocionais e físicos por parte do seu pai. O home do que está namorado o Príncipe é Phillip, que é asasinado polo Rei cando é arroxado por unha fiestra do castelo.
- Ian Bannen como Robert de Brus. Incapaz de ocupar o trono persoalmente, debido a que padece de lepra, aconsella ó seu fillo para que sexa o seguinte rei de Escocia, a pesar das reivindicacións do clan Balliol ó trono.
- James Cosmo como Campbell the Elder. O pai de Hamish Campbell e capitán do exército de Wallace.
- Catherine McCormack como Murron MacClannough, a esposa asasinada de Wallace.
- David O'Hara como Stephen. Un voluntario irlandés do exército escocés, que se enrola para matar ingleses e debido ó seu coñecemento da guerra de guerrilla. El profesa ser o home máis buscado na que chama "a miña illa", e afirma falar con Deus persoalmente. El é un dos capitáns de Wallace e gardacostas, salvando a súa vida varias veces.
- Brian Cox como Argyle Wallace. Un sacerdote católico e tío de William. Despois da morte da familia de Wallace, Argyle faise cargo do coidado de Wallace. Promételle ensinarlle como pelexar cunha espada despois de aprenderlle como usala cabeza, e tamén lle ensina a falar en francés e en latín.
- James Robinson como William Wallace de neno. O actor de 10 anos pasaría semanas tentando copiar os xestos de Gibson para o filme.
- Sean Lawlor como Malcolm Wallace
- Seán McGinley como MacClannough
- Stephen Billington como Phillip
- John Kavanagh como Craig
- Alun Armstrong como Mornay
- Tommy Flanagan como Morrison
- Michael Byrne como Smythe
- Malcolm Tierney como Maxistrado
- Peter Mullan como Veteran
- Gerard McSorley como Cheltham
- Richard Leaf como Gobernador de York
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 1995: 5 Oscars: película, director, fotografía, son, maquillaxe. 10 nomeamentos.
- 1995: Globo de Ouro: Mellor director (Mel Gibson). 4 nomeamentos.
- 1995: 3 premios BAFTA: Mellor fotografía, vestiario, son. 7 nomeamentos.
- 1995: National Board of Review: Mel Gibson.
Curiosidades [editar]
- Antes de que comezase a Batalla da ponte de Stirling, tralo discurso de William Wallace, este pronuncia unhas verbas en gaélico escocés que non foron traducidas nin subtituladas. O que di Wallace é Alba Go Bragh!, que traducido ó galego é Escocia por Sempre!, e que realmente foron ditas por el.
- Na secuencia da execución da muller de Wallace, Murron, pode verse ó fondo unha furgoneta cor branca.
- Durante a última liorta do filme hai dous extras que, ademais de non loitar, están rindo.
- No filme o rei Eduardo I de Inglaterra falece case no mesmo intre que Wallace. Na historia real faino dous anos despois. A Wallace executárono en 1305 e o rei morreu en 1307.
- No filme actuaron descendentes da familia de William Wallace.
- O heroe escocés non tivo ningunha relación coa princesa inglesa Sabela de Francia.
Banda sonora [editar]
| Braveheart | ||||
|---|---|---|---|---|
| Banda sonora de James Horner | ||||
| Data de lanzamento | 1995 | |||
| Duración | 77:00 | |||
| Xénero | Banda sonora | |||
| Cronoloxía | ||||
|
||||
A banda sonora de Braveheart foi composta e dirixida por James Horner, e interpretada pola London Symphony Orchestra. Os temas, que comprenden 77 minutos, tiveron un notable éxito, e o produtor do álbum Simon Rhodes produciu unha continuación da banda sonora en 1997 titulada More Music from Braveheart.
Braveheart (1995) [editar]
- Main Title (2:51)
- A Gift of a Thistle (1:37)
- Wallace Courts Murron (4:25)
- The Secret Wedding (6:33)
- Attack on Murron (3:00)
- Revenge (6:23)
- Murron’s Burial (2:13)
- Making Plans/ Gathering the Clans (1:52)
- “Sons of Scotland” (6:19)
- The Battle of Stirling (5:57)
- For the Love of a Princess (4:07)
- Falkirk (4:04)
- Betrayal & Desolation (7:48)
- Mornay’s Dream (1:15)
- The Legend Spreads (1:09)
- The Princess Pleads for Wallace’s Life (3:38)
- “Freedom”/The Execution/ Bannockburn (7:24)
- End Credits (7:16)
More Music From Braveheart (1997) [editar]
- Prologue: 'I Shall Tell You Of William Wallace' [Narration: Robert The Bruce]
- Outlawed Tunes On Outlawed Pipes
- The Royal Wedding [Narration: Robert The Bruce]
- 'The Trouble With Scotland' [King Edward The Longshanks]
- Scottish Wedding Music
- Prima Noctes
- The Proposal [William Wallace And Murron]
- 'Scotland Is Free!' [William Wallace]
- Point Of War/Johnny Cope/Up In The Morning Early
- Coversing With The Almighty [Stephen, William Wallace, Hamish, Campbell]
- The Road To The Isles/Glendaruel Highlanders/The Old Rustic Bridge By The Mill
- 'Sons Of Scotland!' [William Wallace]
- Vision Of Murron
- 'Unite The Clans!' [William Wallace]
- The Legend Spreads [Scottish Highlanders]
- 'Why Do You Help Me?' [William Wallace And Princess Isabelle]
- For The Love Of A Princess
- 'Not Every Man Really Lives' [William Wallace And Princess Isabelle]
- 'The Prisoner Wishes To Say A Word' [The Executioner And William Wallace]
- 'After The Beheading' [Robert The Bruce]
- 'You Have Bled With Wallace!' [Robert The Bruce]
- Warrior Poets [William Wallace]
- Scotland The Brave/The Badge Of Scotland/The Meeting Of The Waters
- Leaving Glen Urquhart/The Highland Plaid/Jock Wilson's Ball
- Kirkhill/The Argyllshire Gathering/The Braemar Highland Gathering
Tempo Total (68:53)
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
|
||||||||