Casablanca (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Casablanca
Póster do filme
Ficha técnica
Título orixinalCasablanca
DirectorMichael Curtiz
ProdutorHal B. Wallis
GuiónJulius J. Epstein
Philip G. Epstein
Howard Koch
Casey Robinson (sen créditos)
IntérpretesHumphrey Bogart
Ingrid Bergman
Claude Rains
Paul Henreid
Conrad Veidt
Dooley Wilson
Peter Lorre
MúsicaMax Steiner
FotografíaArthur Edeson
MontaxeOwen Marks
EstudioWarner Bros.
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 26 de novembro de 1942
Galicia 2 de maio de 2010 (TVG)
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Romance
Bélica
Orzamento$964.000
Na rede
IMDB: tt0034583 Filmaffinity: 165208 Allocine: 2645 Rottentomatoes: m/1003707-casablanca Mojo: casablanca Allmovie: v8482 TCM: 610 Metacritic: movie/casablanca TV.com: movies/casablanca Netlix: 354611Editar o valor em Wikidata

Casablanca é unha das películas máis coñecidas da historia do cine. Foi dirixida por Michael Curtiz e estreada en 1942. O seu guión baséase na obra teatral Everybody Comes to Rick's de Murray Burnett e Joan Alison. Estreouse en galego na TVG o 2 de maio de 2010.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial Rick Blaine (Humphrey Bogart), un exiliado americano por escuras causas que non se desvelan ó longo do filme, rexenta o local nocturno máis popular de Casablanca o Rick´s Café. O cínico e solitario Rick consegue grazas á morte de Ugarte dous salvocondutos para abandonar o Marrocos da "Francia non ocupada" da Francia de Vichy.

Chega namentres a Casabranca o maior alemán Heinrich Strasser (Conrad Veidt), ó cal o xefe da policía, o capitán Renault (Claude Rains), comprace de todas as formas posibles, ata detendo un líder da resistencia checa Victor Laszlo (Paul Henreid), que chega a Casabranca acompañado de Ilsa (Ingrid Bergman), unha antiga amante de Rick que o abandonou en París sen dar explicacións. Rick segue resentido con ela, aínda que cambia de actitude ó coñecer o motivo polo cal marchou do seu lado. Ambos reconcílianse e, xa xuntos, os dous planean saír de Casabranca utilizando os salvocondutos que ten Rick.

Rick convence ao capitán Renault de que vai escapar con Ilsa e deixará a Laszlo en terra para que o deteña a Gestapo. Finalmente, nun acto de heroísmo, Rick dispara ó maior Strasser deixando que Laszlo e Ilsa vaian a América a continuar co labor de resistencia alén do Atlántico.

Elenco[editar | editar a fonte]

Humphrey Bogart e Paul Henreid

Comentarios[editar | editar a fonte]

Ingrid Bergman e Humphrey Bogart protagonizan un dos bicos máis famosos da historia do cine.

A película está ambientada no Marrocos francés durante a segunda guerra mundial. O produtor Hal B. Wallis quería a William Wyler para dirixir esta película, pero logo de barallar varios nomes, o director de orixe húngara Michael Curtiz foi o elixido, e comezou a rodaxe da que ía ser unha película destinada a ser propaganda antinazi. Acerca da realización da película circulan numerosas historias, entre as cales está por exemplo a que di que Ingrid Bergman non soubo ata o último momento con cal dos dous homes quedaría.

A música correu a cargo de Max Steiner, o vestiario foi obra de Orry-Kelly e Sam (Dooley Wilson) canta acompañado polo seu piano unha das cancións máis recordadas da historia do cine, "As Time Goes By".

Gañadora de tres Premios Óscar: mellor filme, mellor guión e mellor director. Amais, estivo nomeada nas categorías de mellor actor (Humphrey Bogart), actor secundario (Claude Rains), fotografía, edición e banda sonora.

Nos Estados Unidos, pola súa popularidade, Casablanca é coñecida como The Movie. Así mesmo, adoita aparecer nos primeiros postos de diversos ránkings históricos (por exemplo os realizados polo American Filme Institute ou a Internet Movie DataBase).

O personaxe principal loitou no lado republicano na guerra civil española pero na primeira dobraxe en castelán en España esta referencia suprimiuse debido á ditadura de Francisco Franco. Igual pasa coa referencia ó combate en Abisinia contra as tropas fascistas.

Estrea[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Casablanca na TVG". Diario Siglo XXI. 30 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]