Minas Morgul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O emblema de Minas Morgul

Minas Ithil (‘torre da Lúa’ en sindarin) é unha ciudad-fortaleza ficticia creada polo escritor británico J. R. R. Tolkien para o seu legendarium. Tras caer baixo o influxo de Sauron, comezou a ser coñecida como Minas Morgul (‘torre da feiticería’).

Historia[editar | editar a fonte]

Como Minas Ithil[editar | editar a fonte]

No ano 3320 da S. E., Isildur, fillo de Elendil, fundou a cidade de Minas Ithil na rexión de Ithilien, sobre unha estribación das Montañas da Sombra, na fronteira con Mordor, co obxectivo de controlar esa entrada a Mordor. A cidade converteuse na capital da rexión, e foi gobernada polo mesmo Isildur.

Minas Ithil, por Matěj Čadil.

No ano 3429 S. E. Sauron realiza un ataque definitivo á cidade, no cal logrou capturala. Isildur escapou, reuníndose co seu pai en Eriador. Trala Guerra da Última Alianza na que Sauron foi derrotado a mans de Isildur, os numenoréanos volven a ocupar Minas Ithil por moitos séculos máis.

Porén, no ano 1636 da T. E. a peste deixou a cidade prácticamente despoboada.

Como Minas Morgul[editar | editar a fonte]

Aproveitándose da circunstancia anterior, no ano 2000 T. E., o Señor dos Nazgûl liderou un exército que atacou a cidade, que é finalmente capturada e rebautizada como Minas Morgul (que significa ‘torre da feiticería’). Dende entón, Sauron pasou a controlar a Palantír que alí se conservaba.

A partir desa data, Minas Morgul convértese na fortaleza do Rei Bruxo e un lugar de horror. Dende alí, décadas despois, atacou repetidamente a capital de Gondor, Osgiliath, á que foi debilitando pouco a pouco, o que obrigou a Gondor a cambiar de capital, nomeando a Minas Anor como capital do reino e rebautizándoa como Minas Tirith. Dende entón, ambas cidades, antes irmás, estiveron enfrontándose permanentemente. Cara alí cabalgou Eärnur, derradeiro rei de Gondor, a contestar o desafío do Rei Bruxo, e nunca se lle volveu ver.

Séculos más tarde, Frodo Bulseiro describiría Minas Morgul como unHa cidade pantasmal, que causaba terror só con ollar para ela, iluminada cun resplandor espectral.

É durante a Guerra do Anel, no ano 3019 T. E., cando dende Minas Morgul se inicia o ataque contra a cidad de Minas Tirith. Frodo ve a saída do exército de orcos, liderado polo mesmo Señor dos Nazgûl, pero el e o seu exército caen derrotados na Batalla dos Campos de Pelennor.

Trala derrota de Sauron, Minas Morgul foi completamente destruída por orde do rei Elessar.