Boca de Sauron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Boca de Sauron é, no universo de ficción creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien, o nome co que se coñecía ó lugartenente de Barad-dûr, «pois o seu verdadeiro nome ata el o esquecera».

É un númenoreano negro con grandes coñecementos de feiticería, «máis malvado que o máis vil dos orcos». Entrara ó servizo da Torre Escura facía moitos anos, dende os tempos da segunda reconstrución.

Aparece ante a Porta Negra, montado nun temible cabalo como «embaixador» ante o desafío dos Capitáns do Oeste, para instar a Elessar e ós demais señores a que se rendesen ante Sauron, permanecendo como vasalos de Mordor. Faloulles a Gandalf e ós demais con palabras cheas de desprezo e odio, e amosoulles a modo de proba, as prendas que lle confiscaron a Frodo na Torre de Cirith Ungol. Tras negarse os capitáns a tales condicións, desaparece tralas Portas, dando paso ós exércitos de Sauron. Descoñécese o seu fin, aínda que se intúe que perece durante a caída do seu Amo.

No cine[editar | editar a fonte]

No filme The Lord of the Rings: The Return of the King, só aparece na versión estendida editada en DVD, na que é interpretado por Bruce Spence. Leva un casco que oculta toda a súa cara agás a boca. No filme, ensina a cota de malla de mithril que os uruk-hai lle confiscaran a Frodo na torre de Cirith Ungol, e xáctase da morte do hobbit. Aragorn négase a crelo, achégase a el decapítao con Andúril.