Ben-Hur (filme de 1959)
| Ben-Hur | |
|---|---|
| Título orixinal | Ben-Hur |
Póster do filme |
|
| Ficha técnica | |
| Director | William Wyler |
| Produtor | Sam Zimbalist |
| Guión | Karl Tunberg Sen creditar: Gore Vidal Christopher Fry Maxwell Anderson S. N. Behrman |
| Baseado en | Ben-Hur: A Tale of the Christ de Lew Wallace |
| Intérpretes | Charlton Heston Jack Hawkins Haya Harareet Stephen Boyd Hugh Griffith |
| Música | Miklós Rózsa |
| Fotografía | Robert L. Surtees |
| Montaxe | John Dunning Ralph E. Winters |
| Estudio | |
| Distribuidor | Metro-Goldwyn-Mayer |
| Ano | |
| Duración | 212 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $15.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Ben-Hur é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que foi estreado en 1959. Está baseado na obra de Lew Wallace Ben-Hur: A Tale of the Christ. Filme gañador de 11 Premios Oscar, entre eles os de mellor filme, director e actor.
Estreouse en galego na TVG o 23 de abril de 2011.[1]
Índice |
Argumento [editar]
Judá Ben-Hur (Charlton Heston), fillo dunha familia nobre de Xerusalén, e Mesala (Stephen Boyd), tribuno romano que dirixe os exércitos de ocupación, son dous vellos amigos, pero un accidente involuntario convérteos en inimigos irreconciliables: Ben-Hur é acusado de atentar contra a vida do novo gobernador romano, e Mesala encarcérao a el e á súa familia. Cando Ben-Hur é trasladado a galeras para cumprir a súa condena, Xesús de Nazaret apiádase del e dálle de beber. Unha vez a bordo, grazas á súa amistosa relación co comandante da nave (Jack Hawkins) recupera a liberdade. Máis tarde, entrará en contacto cun xeque árabe (Hugh Griffith) que participa cos seus magníficos cabalos nas carreiras de carros do circo.
Personaxes [editar]
- Charlton Heston como Judah Ben-Hur
- Jack Hawkins como Quintus Arrius
- Haya Harareet como Esther
- Stephen Boyd como Messala
- Hugh Griffith como Sheik Ilderim
- Martha Scott como Miriam
- Cathy O'Donnell como Tirzah
- Sam Jaffe como Simonides
- Finlay Currie como Balthasar e o Narrador
- Frank Thring como Poncio Pilatos
- Terence Longdon como Drusus
- George Relph como Tiberius Caesar
- André Morell como Sextus
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 1959: 11 Oscars, incluíndo filme, director, actor (Charlton Heston), actor secundario (Griffith) e montaxe.
- 1959: Globo de Ouro: Mellor filme: Drama.
- 1959: BAFTA: Mellor filme.
- 1959: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme.
- 1960: Premios David di Donatello: Mellor actor (Charlton Heston) e produción estranxeiros.
Notas [editar]
- ↑ "Ben-Hur na TVG". Diario Siglo XXI. 22 de abril de 2011. http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20110422110137. Consultado o 14 de abril de 2013.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)