Peter Jackson
| Peter Jackson | |
|---|---|
Peter Jackson |
|
| Nacemento | 31 de outubro de 1961 |
| Profesión | Director de cine |
| Ficha na IMDb | |
Peter Jackson é un guionista, produtor e director de cine neozelandés, nacido o 31 de outubro de 1961 en Pukerua Bay.
Traxectoria [editar]
Jackson comezou a súa carreira realizando pequenas películas no seu tempo libre. Unha delas, Mal gusto, acadou notoriedade no Festival de Cannes, comezando así a súa carreira profesional no cine. Ó contrario que outros directores de Nova Zelanda, Jackson permaneceu no seu país para realizar alí os seus proxectos.
Na súa segunda película Meet The Feebles, empregou marionetas. Pero o salto a fama como director de culto chégalle con Braindead, unha película a medio camiño entre a comedia e o terror coa que conseguiu varios premios. Jackson tamén realizou o film Criaturas celestiales, protagonizado por Kate Winslet e basado en feitos reais. Con esta película conseguiu a súa primeira nominación ós Oscar como Mellor Guión e foi premiado no Festival de Venecia. Nos dous anos seguintes, Jackson non perdeu o tmepo e realizou en 1995 Forgotten Silver, unha especie de documental sobre as aventuras dun cineasta, e ó ano seguinte fixo o thriller Agárrame esas pantasmas protagonizada por Michael J. Fox. Peter Jackson é principalmente coñecido por dirixir a triloxía cinematográfica de O señor dos aneis. As tres películas foron rodadas simultaneamente durante tres anos e estreadas sucesivamente nos Nadais de 2001 a 2003. Coa terceira conseguiu once premios Oscar, entre eles o de Mellor Película, igualando a outras coma Ben-Hur ou Titanic.
Universal Studios contratou a Peter Jackson para dirixir o remake do clásico King Kong por 20 millóns de dólares máis o 20 % dos beneficios, o que o converte no director mellor pagado da historia. Jackson declarou en varias ocasións que a versión de 1933 foi a película que o animou a dedicarse ó mundo do cine.
Filmografía [editar]
Director
| Ano | Título | Nomeamentos ó Oscar | Oscar gañados | Nomeamentos ó BAFTA | BAFTA gañados | Nomeamentos ós Globos de Ouro | Globos de Ouro gañados |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1976 | The Valley (curtametraxe) | ||||||
| 1987 | Bad Taste | ||||||
| 1989 | Meet the Feebles | ||||||
| 1992 | Braindead | ||||||
| 1994 | Heavenly Creatures | 1 | |||||
| 1995 | Forgotten Silver | ||||||
| 1996 | The Frighteners | ||||||
| 2001 | The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring | 13 | 4 | 12 | 4 | 4 | |
| 2002 | The Lord of the Rings: The Two Towers | 6 | 2 | 9 | 2 | 2 | |
| 2003 | The Lord of the Rings: The Return of the King | 11 | 11 | 12 | 4 | 4 | 4 |
| 2005 | King Kong | 4 | 3 | 3 | 1 | 2 | |
| 2008 | Crossing the Line (curtametraxe) | ||||||
| 2009 | The Lovely Bones | 1 | 2 | 1 | |||
| 2012 | The Hobbit: An Unexpected Journey | ||||||
| 2013 | The Hobbit: There and Back Again |
Produtor
| Ano | Título | Traballo |
|---|---|---|
| 1987 | Bad Taste | Produtor/Director |
| 1989 | Meet the Feebles | Produtor/Director |
| 1992 | Valley of the Stereos (curtametraxe) | Co-produtor |
| 1994 | Heavenly Creatures | Co-produtor/Director |
| 1996 | Jack Brown Genius | Produtor |
| 1996 | The Frighteners | Produtor/Director |
| 2001 | The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring | Produtor/Director |
| 2002 | The Lord of the Rings: The Two Towers | Produtor/Director |
| 2003 | The Lord of the Rings: The Return of the King | Produtor/Director |
| 2003 | The Long and Short of It (curtametraxe) | Produtor executivo |
| 2005 | King Kong | Produtor/Director |
| 2009 | District 9 | Produtor |
| 2009 | The Lovely Bones | Produtor/Director |
| 2011 | The Adventures of Tintin | Produtor |
| 2012 | West of Memphis | Co-produtor |
| 2012 | The Hobbit: An Unexpected Journey | Produtor/Director |
| 2013 | The Hobbit: There And Back Again | Produtor/Director |