A Comarca
A Comarca (The Shire na súa versión orixinal en inglés) é unha localización ficticia que forma parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece nas súas novelas O hobbit e O Señor dos Aneis.
É unha rexión situada no noroeste da Terra Media, un dos continentes do mundo ficticio de Arda onde transcorre a maior parte do legendarium de J. R. R. Tolkien. Atópase, á súa vez, dentro da gran rexión de Eriador, onde anteriormente existiu o reino de Arnor. Está poboada exclusivamente por hobbits, unha raza emparentada cos homes e caracterizada pola súa baixa estatura.[1] Fundada a mediados da Terceira Idade do Sol, a súa historia coñecida é reducida e sen apenas acontecementos importantes debido á natureza pacífica dos seus habitantes, a excepción dos feitos ocorridos durante a Guerra do Anel.
Os hobbits chámana Sûza (que significa «Comarca») ou Sûzat («A Comarca»), termos que teñen a súa orixe no rohírrico, a lingua de Rohan coa que entraron en contacto antes de colonizar a Comarca.[2] Por outro lado, na lingua élfica sindarin chámana i Drann.[3] Tamén é chamada Catro cadernas, nome que fai referencia á súa división territorial.
Se ben non aparece mencionada como tal na novela O hobbit, J. R. R. Tolkien xa tiña entón unha idea de como era a Comarca, creada «oficialmente» durante a composición do primeiro capítulo de O Señor dos Aneis[4] e inspirada principalmente no barrio de Sarehole, Birmingham, onde o autor viviu durante a súa nenez.[5]
Notas [editar]
- ↑ "Prólogo". O Señor dos Aneis. abril. ISBN 84-450-7179-3.
- ↑ "El apéndice sobre las lenguas". Los pueblos de la Tierra Media. octubre. ISBN 84-450-7359-1.
- ↑ "Epílogo". El fin de la Tercera Edad. noviembre. ISBN 84-450-7245-5.
- ↑ "Una reunión inesperada". El retorno de la sombra. septiembre. ISBN 84-450-7155-6.
- ↑ "Carta #178". Las cartas de J. R. R. Tolkien. junio. ISBN 84-450-7121-1.