O silencio dos cordeiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O silencio dos cordeiros
Título orixinal The Silence of the Lambs
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Jonathan Demme
Produtor Kenneth Utt
Edward Saxon
Ron Bozman
Guión Ted Tally
Baseado en The Silence of the Lambs
Intérpretes Jodie Foster
Anthony Hopkins
Scott Glenn
Ted Levine
Música Howard Shore
Fotografía Tak Fujimoto
Montaxe Craig McKay
Estudio
Distribuidor Orion Pictures
Ano Flag of the United States.svg 14 de febreiro de 1991
Galicia 18 de xaneiro de 2011 (TVG)
Duración 118 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Thriller
Orzamento $19.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior Red Dragon
Filme seguinte Hannibal
Ficha en IMDb

O silencio dos cordeiros (na versión orixinal The Silence of the Lambs) é un filme baseado na novela homónima do autor estadounidense Thomas Harris. Estreouse en 1991. Gañou cinco premios Oscar: mellor película, mellor director, mellor actor, mellor actriz e mellor guión adaptado, ademais de ser candidata a outros dous.

Estreouse en galego na TVG o 18 de xaneiro de 2011.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A película inicia cunha conversa entre Clarice Starling, unha nova axente do FBI, e Jack Crawford, a cabeza da división do FBI en perfís psicolóxicos de asasinos en serie. Starling é encargada de presentar un cuestionario ó psiquiatra Hannibal Lecter, confinado no psiquiátrico Baltimore por crimes de canibalismo, cuxa colaboración procura para resolver a morte de varias mozas a mans do asasino alcumado Buffalo Bill. Lecter, no entanto, a pesar de mostrarse educado e cordial en todo momento con Starling, rexeita axudala co caso.

Durante a autopsia dunha nova vítima de Bill atopan dentro da súa boca a crisálida dunha bolboreta Esfinxe da Caveira (Acherontia atropos), propia dalgunhas zonas de Asia e os Estados Unidos. Máis adiante en Memphis, Tennessee, Catherine, a filla da senadora Ruth Martin é secuestrada por Bill. Starling ofrécelle a Lecter un trato: se el lle axuda a rescatar á moza, a senadora Martin transferirao a unha nova institución onde terá máis liberdade e unha fiestra con vistas ó exterior. Lecter, proponlle outro trato a Starling: se ela participa nun quid prol quo con el e lle ofrece información súa persoal, el daralle a cambio respostas sobre Buffalo Bill. O trato é aceptado e Lecter comeza facéndolle preguntas á axente sobre os seus recordos da infancia e a morte do seu pai. Despois, Hannibal explícalle que o que Bill busca é cambiarse a si mesmo e que é presa dunha obsesión que lle fai crer que é transexual, o cal se reflicte coa metamorfose da crisálida de bolboreta. Tamén engade que Bill non naceu criminal, senón que se converteu niso ó sufrir anos sistemáticos de abuso, e que probablemente a procura de cambio se debe ó odio que sente por si mesmo.

O Doutor Chilton, administrador do psiquiátrico, que estivo escoitando a conversa, advírtelle a Lecter que a proposta de Crawford é mentira e ofrécelle unha nova: se revela a identidade de Buffalo Bull, será transferido a outro psiquiátrico, pero só se Chilton obtén créditos a cambio. Lecter insiste en que unicamente proporcionará esa información á senadora en persoa, e Chilton acepta. Sen que o médico o saiba, Lecter conseguiu ocultar o seu bolígrafo. Cando chegan a Tennessee, Lecter divírtese á conta da senadora, pero ó cabo do tempo decide darlle o nome real de Bill: Louis Friend (William Rubin na novela). O FBI emprende de novo a procura de Bill.

Ó día seguinte, Starling e Lecter manteñen unha nova conversa onde a axente lle conta unha anécdota da súa infancia, cando unha noite, no rancho do seu tío, se levantou ó oír berros dos cordeiros destinados no matadoiro e intentou en van salvar a un. Hannibal pregúntalle se aínda segue oíndo eses queixumes, e se cre que salvando a Catherine logrará acalalos. Antes de que ela poida responder, Chilton aparece para previr que Lecter poida achegar á axente datos de Bill, e Starling é conducida ata a saída. Esa mesma tarde, usando só a hebilla do bolígrafo que ten camuflada na man, consegue escapar do psiquiátrico, acabando cos dous oficiais encargados de supervisalo e colocándose a súa roupa. Mentres, Starling é enviada á casa da primeira vítima, que era costureira. As pezas do armario da moza asasinada teñen parches idénticos á pel arrincada da última vítima de Bill. Starling deduce que o que Bill busca é transformarse a si mesmo en muller tecendo capas de pel superpostas entre si. De inmediato telefona a Crawford, quen lle informa de que a teoría da transexualidade coincide cun dos casos do hospital Johns Hopkins: Jame Gumb, nos arredores de Chicago.

A axente vai visitar a unha muller chamada Lippman, para a que a vítima traballou. Cando chega á casa contesta un tal Jack Gordon. Starling entra na casa e ve unha Esfinxe da Caveira voando ó seu arredor. A axente saca a súa arma e intenta arrestalo, pero Bill consegue ceibarse e foxe. Ó perseguirlle, Starling atopa a Catherine pechada nun pozo aberto e pedindo axuda, pero as luces apáganse. Gumb, valéndose dunhas lentes de visión nocturna, xorde tras Starling e prepara a súa pistola. Ó oír o son do gatillo da pistola, Starling vólvese e dispara a Gumb, que cae morto. Finalmente, Starling rescata a Catherine e chama ó FBI.

Durante a súa gradación de honra como Axente Especial da Academia do FBI, Starling recibe unha chamada telefónica. Alén da liña está Lecter, quere saber se os cordeiros deixaron de gritar. Clarice esta asustada, inxenuamente pregúntalle onde está. Lecter colga o teléfono, véselle noutro país, chegando ó Dr. Chilton, o administrador do psiquiátrico, alterado, con gardacostas. Lecter ségueo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Oscars[editar | editar a fonte]

Premio Candidato
Oscar ó mellor Actor Anthony Hopkins
Oscar á Mellor Actriz Jodie Foster
Oscar ó Mellor Director Jonathan Demme
Oscar á Mellor Película Edward Saxon
Kenneth Utt
Ronald M. Bozman
Oscar ó Mellor Guión Adaptado Ted Tally
Nomeamentos:
Oscar á Mellor Edición Craig McKay
Oscar ó Mellor Son Tom Fleischman
Christopher Newman

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Robert de Niro ía interpretar a Pepita a pistoleira, pero rexeitou o papel, do mesmo xeito que Gene Hackman.
  • Michelle Pfeiffer (que traballara xa con Jonathan Demme en "Casada con todos"), era a principal candidata para o papel de Clarice Starling, pero rexeitouno ó considerar a historia escura e pouco conveniente para a súa carreira.
  • Anthony Hopkins aparece en pantalla durante a película pouco máis dun cuarto de hora.
  • A caveira que aparece sobre o corpo da couza na portada está baseada nunha fotografía de Dalí.
  • Kenneth Utt, produtor do filme, interpreta ó Dr. Akin.
  • O director de cine Roger Corman interpreta ó director do FBI Hayden Burke.
  • Jonathan Demme aparece nun cameo ó final da película levando unha gorra azul.
  • O papel de Hannibal tamén foi ofrecido a Jack Nicholson, Robert Duvall, Jeremy Irons e Brian Cox, pero todos eles rexeitárono.
  • Na primeira visita que Clarice fai a Lecter, este dálle a solución de onde vive Buffalo Bill. Cando Clarice lle fala do debuxo da parede, Lecter responde que é unha vista do Belvedere de Florencia; non existe tal pazo pero Buffalo Bill vive en Belvedere, como se observa na última parte da película.
  • Hai unha escena en flashback onde se observa a Clarice indo ó alpendre onde balan as ovellas; esta escena eliminouse.
  • Anthony Hopkins comentou que nunca pestanexa porque era un recurso deliberado para facer ó personaxe mais inquietante, xa que nunca deixa de mirar á súa presa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]