Sen perdón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen perdón
Título orixinal Unforgiven
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Clint Eastwood
Produtor Clint Eastwood
Guión David Webb Peoples
Baseado en
Intérpretes Clint Eastwood
Gene Hackman
Morgan Freeman
Richard Harris
Música Lennie Niehaus
Fotografía Jack N. Green
Montaxe Joel Cox
Estudio Malpaso Productions
Distribuidor Warner Bros.
Ano Flag of the United States.svg 7 de agosto de 1992
Galicia 3 de xullo de 2011 (TVG)
Duración 131 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Western
Orzamento $14.400.000
Recadación $159.157.447
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Sen perdón (na versión orixinal Unforgiven) é un filme estadounidense dirixido e producido por Clint Eastwood que foi estreado en 1992. O filme conta a historia de William Munny, un fóra da lei que acepta un último traballo despois de terse convertido en granxeiro. Está protagonizado por Eastwood, xunto con Gene Hackman, Morgan Freeman e Richard Harris.

Eastwood adicou o filme ós directores e mentores Don Siegel e Sergio Leone. O filme gañou catro Premios Oscar: Mellor filme e mellor director para Clint Eastwood, mellor actor de reparto para Gene Hackman, e mellor montaxe para editor Joel Cox. Eastwood foi nomeado ó Oscar ó mellor actor pola súa interpretación, pero ese ano gañouno Al Pacino por Scent of a Woman. Esta longametraxe foi o terceiro western en gañar un Oscar ó mellor filme, sendo as dúas anteriores Cimarron (1931) e Dances with Wolves (1990).

Estreouse en galego na TVG o 3 de xullo de 2011.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Dous veteranos pistoleiros volven ós traballos dos que levaban tempo retirados para aceptar a recompensa que lles ofrecen as prostitutas de Big Whiskey para que as liberen da brutalidade do shériff, outro antigo pistoleiro metido a cacique desapiadado. Aparece tamén un pintoresco asasino a soldo, alcumado Bob O Inglés.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1992: 4 Oscars: Mellor filme, director, actor secundario (Hackman) e montaxe. 10 nomeamentos.
  • 1992: 2 Globos de Ouro: Mellor director (Clint Eastwood) e actor secundario (Hackman). 4 nomeamentos.
  • 1992: BAFTA: Mellor actor secundario (Hackman). 6 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 1992: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor secundario (Gene Hackman).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]