Kramer contra Kramer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kramer contra Kramer
Ficha técnica
Título orixinalKramer vs. Kramer
DirectorRobert Benton
ProdutorRichard Fischoff
Stanley R. Jaffe
GuiónRobert Benton
Baseado enKramer vs. Kramer de Avery Corman
IntérpretesDustin Hoffman
Meryl Streep
Justin Henry
Jane Alexander
MúsicaPaul Gemignani
Herb Harris
John Kander
Erma E. Levin
Roy B. Yokelson
Antonio Vivaldi
FotografíaNéstor Almendros
MontaxeGerald B. Greenberg
Ray Hubley
Bill Pankow
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea 19 de decembro de 1979
Galicia 9 de abril de 2008 (TVG)
Duración105 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$8 000 000[1]
Recadación$106 260 000
Na rede
IMDB: tt0079417 Filmaffinity: 257947 Allocine: 1237 Rottentomatoes: m/kramer_vs_kramer Mojo: kramervskramer Allmovie: v27688 TCM: 4665 Metacritic: movie/kramer-vs-kramer TV.com: movies/kramer-vs-kramer Netlix: 60010559Editar o valor em Wikidata

Kramer contra Kramer (en inglés: Kramer vs. Kramer) é un filme estadounidense dirixido por Robert Benton en 1979. É unha adaptación de Robert Benton da novela Kramer vs. Kramer de Avery Corman. O filme conta a historia do divorcio dun matrimonio e o impacto que este ten no seu fillo. Recibiu cinco Premios Oscar na 52ª edición dos Oscar nas categorías de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz secundaria e mellor guión adaptado.

Estreouse en galego na TVG o 9 de abril de 2008.[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ted Kramer (Dustin Hoffman) é un home que antepón o seu traballo á súa familia. A súa esposa Joanna (Meryl Streep) non resiste máis esta situación e abandónao. Ted vese agora ante a necesidade de ocuparse da casa e, sobre todo, do seu pequeno fillo.

Logo dun tempo, cando Ted xa se desenvolve ben só, Joanna regresa e reclama a custodia do neno. Con todo, Ted non está disposto a separarse do seu fillo, de maneira que Joanna leva o asunto ante os tribunais, onde deberá decidirse quen dos dous obterá a custodia do fillo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Varios lugares de Nova York foron utilizados coma localizacións, como por exemplo a praza Foley.

Antes de seleccionar a Dustin Hoffman, os produtores consideraran darlle o papel a Al Pacino. Ademais, Jane Fonda rexeitou o papel interpretado finalmente por Meryl Streep.

Dustin Hoffman axudou en gran xeito ó actor novel Justin Henry, analizando e comentando con el cada escena antes da súa rodaxe.

O decorado do apartamento montado no interior do estudo tivo as medidas exactas resultantes do exterior do edificio que aparece na película. O director de fotografía, Néstor Almendros, utilizou nos interiores luz cenital e nos exteriores a luz dispoñible para as tomas.

A versión inicial tivo unha duración de 43 minutos adicionais respecto da duración definitiva. Suprimíronse sobre todo escenas con Jane Alexander e con JoBeth Williams.

Premios[editar | editar a fonte]

Óscar 1979[editar | editar a fonte]

Categoría Acode Resultado
Mellor película Gañador
Mellor director Robert Benton Gañador
Mellor actor Dustin Hoffman Gañador
Mellor actriz Meryl Streep Gañador
Mellor actor secundario Justin Henry Candidato
Mellor actriz secundaria Jane Alexander Candidato
Mellor guión adaptado Robert Benton Gañador
Mellor fotografía Néstor Almendros Candidato
Mellor montaxe Gerald B. Greenberg Candidato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oscarblogger: Kramer vs. Kramer. Consultado o 1 de abril de 2013
  2. "Kramer contra Kramer na TVG". Diario Siglo XXI. 7 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]