Premios Oscar
Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Oscar son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS),[1] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.[2]
Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e actualmente, os Oscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Oscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.
Índice |
Cerimonias [editar]
A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Oscar.[3][4][5]
Principais premiados [editar]
Os filmes máis galardoados foron Ben-Hur, Titanic e The Lord of the Rings: The Return of the King con cadanseus 11 premios. Outras con máis de oito premios foron:
| Título do filme | Título orixinal | Ano | Nominacións | Premios |
| Ben-Hur | Ben-Hur | 1959 | 12 | 11 |
| Titanic | Titanic | 1997 | 14 | 11 |
| The Lord of the Rings: The Return of the King O retorno do rei |
The Lord of the Rings: the Return of the King |
2003 | 11 | 11 |
| West Side Story | West Side Story | 1961 | 11 | 10 |
| Gigí | Gigi | 1958 | 9 | 9 |
| O derradeiro emperador | The Last Emperor | 1987 | 9 | 9 |
| O paciente inglés | The English Patient | 1996 | 12 | 9 |
| Foise co vento | Gone with the wind | 1939 | 13 | 8 |
| De aquí á eternidade | From Here to Eternity | 1953 | 13 | 8 |
| No peirao (A lei do silencio) | On the Waterfront | 1954 | 12 | 8 |
| A miña querida señorita | My Fair Lady | 1964 | 12 | 8 |
| Cabaret | Cabaret | 1972 | 10 | 8 |
| Gandhi | Gandhi | 1982 | 11 | 8 |
| Amadeus | Amadeus | 1984 | 11 | 8 |
| Slumdog Millionaire | 2009 | 10 | 8 |
Categorías ó mérito [editar]
Categorías actuais [editar]
- Mellor actor protagonista: dende 1928
- Mellor actor de reparto: dende 1936
- Mellor actriz protagonista: dende 1928
- Mellor actriz de reparto: dende 1936
- Mellor filme de animación: dende 2001
- Mellor curtametraxe animada: dende 1931
- Mellor fotografía: dende 1928
- Mellor deseño de vestiario: dende 1948
- Mellor director: dende 1928
- Mellor documental: dende 1943
- Mellor curtametraxe documental: dende 1941
- Mellor montaxe: dende 1935
- Mellor filme en lingua non inglesa: dende 1947
- Mellor curtametraxe de ficción: dende 1931
- Mellor maquillaxe: dende 1981
- Mellor banda sonora: dende 1934
- Mellor canción orixinal: dende 1934
- Mellor filme: dende 1928
- Mellor dirección de arte: dende 1928
- Mellor edición de son: dende 1963
- Mellor son: dende 1930
- Mellores efectos visuais: dende 1939
- Mellor guión adaptado: dende 1928
- Mellor guión orixinal: dende 1940
No primeiro ano dos premios, o Mellor director foi dividido en dúas categorías diferentes (drama e comedia). Do mesmo xeito, Mellor banda sonora tamén estaba dividido en dúas categorías (drama e comedia/musical). Dende 1930s ata a década de 1960, as categorías Mellor dirección de arte, Mellor fotografía e Mellor deseño de vestiario estaban separadas en filmes en branco e negro e filmes en color. Ata o ano 2012, o Mellor deseño de produción era chamado Mellor dirección de arte, mentres que Mellor maquillaxe e peiteado era chamado Mellor maquillaxe.
Outro premio, chamado Oscar ó mellor musical orixinal, aínda está nos libros de regras da Academia a pesar de que foi interrompido. Debido á insuficiente capacidade de elixir en cada ano, non foi asignada dende 1984 (cando gañou Purple Rain).[8]
Categorías desaparecidas [editar]
- Mellor director asistente: 1933 ata 1937
- Mellor director, filme de comedia: só en 1928
- Mellor director de baile: 1935 ata 1937
- Mellores efectos de enxeñaría: só en 1928
- Mellor banda sonora de comedia ou musical: 1995 ata 1999
- Mellor historia orixinal: 1928 ata 1956
- Mellor banda sonora adaptada: 1962 ata 1969; 1973
- Mellor curtametraxe a color: 1936 e 1937
- Mellor curtametraxe – Ficción – 2 bobinas: 1936 ata 1956
- Mellor curtametraxe – Novel: 1932 ata 1935
- Mellor escritor de títulos: só en 1928
- Mellor calidade única e artística de produción: só en 1928
Categorías propostas [editar]
O Consello de Gobernadores reúnese cada ano e considera novas categorías de premios. Ata o momento, as seguintes categorías propostas foron rexeitadas:
- Mellor casting: rexeitado en 1999
- Mellor coordinador de especialistas: rexeitado en 1999; rexeitado en 2005;[9] rexeitada en 2011[10]
- Mellor deseño de título: rexeitado en 1999
Categorías especiais [editar]
Os Premios Especiais da Academia son votados por comités especiais e non polos membros da Academia como un todo. Non son sempre presentados nunha base consistente anual.
Categorías especiais anuais [editar]
- Oscar honorífico: dende 1929
- Oscar científico e técnico: dende 1931
- Oscar Gordon E. Sawyer: dende 1981
- Premio Humanitario Jean Hersholt: dende 1956
- Premio en memoria de Irving G. Thalberg: dende 1938
Categorías especiais desaparecidas [editar]
- Oscar xuvenil: 1934 ata 1960
- Oscar á contribución especial: 1972 ata 1995
Notas [editar]
- ↑ "About the Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado do orixinal o April 7, 2007. http://web.archive.org/web/20070407234926/http://www.oscars.org/aboutacademyawards/index.html. Consultado o April 13, 2007.
- ↑ Essex, Andrew (May 14, 1999). "The Birth of Oscar". Entertainment Weekly. http://www.ew.com/ew/article/0,,273341,00.html. Consultado o March 2, 2011.
- ↑ Scott Bowles (February 26, 2008). "Low Oscar Ratings Cue Soul-Searching". USA Today. http://www.usatoday.com/life/movies/movieawards/oscars/2008-02-26-oscar-ratings_N.htm. Consultado o March 19, 2008.
- ↑ Nikki Finke (February 26, 2007). "UPDATE: 39.9 Million Watch 79th Oscars". Nikki Finke's Deadline Hollywood Daily (LA Weekly). http://www.deadline.com/2007/02/overnights-show-2-nielsen-oscar-ratings/. Consultado o February 21, 2011.
- ↑ Bill Gorman (March 8, 2010). "Academy Awards Averages 41.3 Million Viewers; Most Since 2005". TVbytheNumbers. Arquivado do orixinal o March 10, 2010. http://tvbythenumbers.com/2010/03/08/academy-awards-averages-41-3-million-viewers-most-since-2005/44217. Consultado o March 12, 2010.
- ↑ Academy Sets Date for Next Year's Oscars | The Wrap Awards
- ↑ "SETH MACFARLANE TO HOST 85TH OSCARS®, AIRING LIVE ON ABC, SUNDAY, FEBRUARY 24, 2013". ABC Media Net. American Broadcasting Company. 1 de outubro de 2012. http://abcmedianet.com/Web/dnr/dispDNR.aspx?id=100112_01. Consultado o 1 de outubro de 2012.
- ↑ Music Awards | Rules for the 84th Academy Awards | Academy of Motion Picture Arts & Sciences
- ↑ Michael Hiltzik (August 4, 2005). "One stunt they've been unable to pull off". Los Angeles Times. http://theenvelope.latimes.com/movies/env-fi-stunts4aug04,0,3864314.story?coll=env-movies. Consultado o April 13, 2007.
- ↑ Handel, Jonathan (June 15, 2011). "Academy Votes Against Creating Oscar Category for Stunt Coordinators". The Hollywood Reporter. http://www.hollywoodreporter.com/race/academy-votes-creating-oscar-category-202123.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina da Academia (en inglés)
- Páxina dos premios (en inglés)