Rocky
| Rocky | |
|---|---|
| Título orixinal | Rocky |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | John G. Avildsen |
| Produtor | Robert Chartoff Irwin Winkler |
| Guión | Sylvester Stallone |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Sylvester Stallone Burgess Meredith Talia Shire Burt Young Carl Weathers |
| Música | Bill Conti |
| Fotografía | James Crabe |
| Montaxe | Richard Halsey Scott Conrad |
| Estudio | |
| Distribuidor | United Artists |
| Ano | 1976 |
| Duración | 120 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $1.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | Rocky II |
| Ficha en IMDb | |
Rocky é un filme estadounidense dirixido por John G. Avildsen que foi estreado en 1976.
Índice |
Argumento [editar]
Rocky é un boxeador de 3ª categoría que vive nun pequeno apartamento ó sueste de Filadelfia, Pennsylvania, e cuxa carreira no ring non parece que vaia a durar moito tempo. Gana a vida como matón recadando débedas para un usureiro italiano chamado Gazzo, pero Gazzo no cre que Rocky teña malicia dabondo para dar unha malleira a un moroso cando sexa necesario. Rocky aínda se adestra de cando en vez para non perdela forma, e o que fora o seu adestrador, Mickey, cre que podería chegar ó máis alto se tivese a vontade necesaria e se dedicara en corpo e alma ó boxeo.Apollo Creed, o incontestable campión mundial dos pesos pesados recibe a nova de que o que ía ser o seu próximo opoñente, McLee Green, rompeu a man. Dado que o resto de boxeadores libres rexeita o combate, xa que só quedan seis semanas para que se dispute, Apollo sopesa a idea de escoller un boxeador descoñecido. Repasa a escena puxilística de Filadelfia e elixe que o seu rival sexa Rocky, pola sinxela razón de que lle gustou o alcume do italo-estadounidense, O poldro italiano. Un promotor, chamado Jergens, amaña a pelexa, e Rocky comezará a adestrarse ás ordes de Mickey.
Personaxes [editar]
- Sylvester Stallone como Rocky Balboa
- Talia Shire como Adrian Pennino
- Burt Young como Paulie Pennino
- Carl Weathers como Apollo Creed
- Burgess Meredith como Mickey Goldmill
- Thayer David como George Jergens
- Joe Spinnell como Tony Gazzo
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 1976: 3 Oscars: Mellor película, director e montaxe.
- 1976: Globos de Ouro: Mellor película: Drama.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)