Orlando Bloom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orlando Bloom
Orlando Bloom Cannes 2013.jpg
Orlando Bloom en Cannes 2013
Nacemento Orlando Jonathan Blanchard Bloom
13 de xaneiro de 1977 (37 anos)
Canterbury, Kent, Inglaterra Inglaterra
Profesión Actor
Cónxuxe(s) Miranda Kerr (2010–presente)
Fillo(s) 1
Ficha na IMDb

Orlando Jonathan Blanchard Bloom é un actor nacido o 13 de xaneiro do ano 1977 na vila de Canterbury.

Biografía[editar | editar a fonte]

Orlando Bloom no 2005

Orlando Jonathan Blanchard Bloom naceu en Canterbury, Inglaterra. Podería dicirse que Orlando Bloom é actor grazas á súa nai: foi ela quen lles inculcou a el e á súa irmá a paixón polas artes cando eran pequenos. Animado por ela, Orlando empezou recitando poesía en festivais da súa localidade. E pouco despois, estando aínda no colexio, decidiu que quería dedicarse á interpretación.

Ós 16 anos trasladouse a Londres e uniuse ao National Youth Theatre, onde actuou durante dúas tempadas. Máis tarde conseguiu unha bolsa para estudar na British American Drama Academy. Durante aquel tempo acudiu a multitude de castings; iso permitiulle facerse con pequenos traballos na televisión británica e cun breve papel secundario en Wilde, película sobre a vida de Oscar Wilde coa que debutou na gran pantalla en 1997.

A súa carreira cinematográfica xa comezara, pero aínda así Bloom preferiu tomarse un tempo para ampliar a súa educación. Así que se inscribiu na Guildhall School of Music and Drama de Londres, unha prestixiosa escola pola que tamén pasou xente como Ewan McGregor ou Ben Chaplin.

Aínda estaba na escola cando lle xurdiu a posibilidade de presentarse ó casting de The lord of the rings, a triloxía que preparaba Peter Jackson sobre a obra de Tolkien. Bloom presentouse nun principio para o papel de Faramir, pero Jackson decidiu ficharlle finalmente para interpretar a Legolas.

Deste xeito, Orlando converteuse nun dos principais protagonistas das tres películas: A comunidade do Anel, As dúas torres e O retorno do rei. O grande éxito do proxecto logrou que o seu nome fixésese popular rapidamente e convertésese nunha das novas estrelas de Hollywood.

Tras participar no Señor dos Aneis, Orlando Bloom traballou noutros tres proxectos destacados: o aclamado filme bélico Black Hawk Down, de Ridley Scott; a película de aventuras Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl, un éxito de taquilla que protagonizou xunto a Johnny Depp; e a superprodución épica Troia, xunto a Brad Pitt e Eric Bana.

Recentemente estreou Kingdom of Heaven, un filme épico que protagonizaba xunto a Liam Neeson e Eva Green, e Elizabethtown, unha comedia romántica na que compartiu cartel con Kirsten Dunst. Tras iso volveu envorcarse no proxecto de Piratas do Caribe, e nas súas dúas secuelas: Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest e a recentemente estreada Pirates of the Caribbean: At World's End.

Actualmente lígaselle amorosamente coa actriz Naomi Harris, a súa co estrela de Piratas do Caribe, que fai o papel de Tia Dalma.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes
Ano Título Papel Notas
1997 Wilde Rentboy cameo
2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring Legolas
2001 Black Hawk Down Soldado Todd Blackburn
2002 Ali G Indahouse Cameo
2002 The Lord of the Rings: The Two Towers Legolas
2003 Ned Kelly Joseph Byrne
2003 The Lord of the Rings: The Return of the King Legolas
2003 Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Will Turner
2004 The Calcium Kid Jimmy Connelly
2004 Troia Paris
2004 Haven Shy Tamén produtor
2005 Kingdom of Heaven Balian de Ibelin
2005 Elizabethtown Drew Baylor
2006 Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Will Turner
2006 Love and Other Disasters Hollywood Paolo Cameo
2006 The Armenian Genocide Auguste Berneau Documental
2007 Pirates of the Caribbean: At World's End Will Turner
2007 Everest: A Climb for Peace Narrador Documental
2009 New York, I Love You David
2010 Sympathy for Delicious The Stain
2010 Main Street Harris Parker
2011 The Good Doctor Dr Martin Ploeck Tamén produtor executivo
2011 The Three Musketeers Duque de Buckingham
2011 Maniac Home do cohe Cameo
2012 The Hobbit: An Unexpected Journey Legolas
Televisión
Ano Título Papel Notas
1994–96 Casualty Extra/Noel Harrison/Paciente 3 episodios
2000 Midsomer Murders Peter Drinkwater 1 episodio: "Judgement Day"
2006 Extras El mesmo 1 episodio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]