Arwen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación de Arwen

Arwen (traducido do sindarin como «doncela nobre»),[1] tamén chamada Undómiel («estrela da tarde»), é un personaxe ficticio que forma parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. É unha peredhil ou medio elfa, filla de Elrond e Celebrían, irmá de Elladan y Elrohir e tataraneta de Lúthien Tinúviel.[2][3]

Durante séculos viviu entre Valfendido, o refuxio e fogar do seu pai, e Lothlórien, a terra natal da súa nai. Uns anos antes de que rematase a Terceira Idade do Sol, época na que se desenvolve a novela, coñeceu ó dúnedain Aragorn nos bosques de Valfendido e namoráronse o un do outro.[4] Por el renunciou á inmortalidade propia da súa metade élfica para converterse na súa esposa e na raíña consorte do Reino Unificado de Gondor e Arnor trala Guerra do Anel.[5][6]

Adaptacións a outros medios[editar | editar a fonte]

Liv Tyler, a actriz que interpreta a Arwen na triloxía cinematográfica de O Señor dos Aneis

Nos filmes de Peter Jackson The Fellowship of the Ring, The Two Towers e The Return of the King, o personaxe de Arwen toma un gran protagonismo, superior ó que ten na novela, pois ós autores do guión parecíalles necesario «feminizar» un tanto o argumento, demasiado cargado de personaxes masculinos. En particular, resultou controvertido que substituíse ó personaxe de Glorfindel na escena do vao de Bruinen.

O papel de Arwen nestes filmes é interpretado pola actriz Liv Tyler.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lena. "Nombres compuestos sindarin en la Tierra Media". http://geocities.ws/valier05/compuestos.pdf. Consultado o 22 de marzo de 2010.
  2. "Carta #144". Las cartas de J. R. R. Tolkien. junio. ISBN 84-450-7121-1.
  3. "Carta #153". Las cartas de J. R. R. Tolkien. junio. ISBN 84-450-7121-1.
  4. "Apéndice A: anales de los reyes y los gobernantes - I. Reyes númenóreanos: (v) Un fragmento de la historia de Aragorn y Arwen extraído de los anales de los reyes y los gobernantes". O Señor dos Aneis. abril. ISBN 84-450-7179-3.
  5. "El senescal y el rey". O Señor dos Aneis. abril. ISBN 84-450-7179-3.
  6. "Numerosas separacións". O Señor dos Aneis. abril. ISBN 84-450-7179-3.