Ent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo dunha mullerent

Un ent é un Membro dunha raza de seres fantásticos que forman parte do universo mitolóxico das obras de J.R.R. Tolkien.

Tamén coñecidos coma "Pastores de árbores" por seren gardiáns das árbores e dos bosques, os ents acabaron adoptando un aspecto que se asemella moito a aquelas, tanto, que cando permanecen inmóbiles e en silencio, a maioría das criaturas da Terra Media non poden distinguilos. O seu fogar é o Bosque de Fangorn, aínda que o hobbit Merry afirma ter oído pola Marca historias sobre criaturas similares no Bosque Vello.