Rei Bruxo de Angmar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Descoñecido
Rei Bruxo de Angmar,
Capitán negro,
Señor dos Nazgûl
Mundo de orixe Terra Media

O Rei Bruxo de Angmar tamén coñecido como Señor dos Nazgûl ou Capitán Negro, é un personaxe ficticio da saga d'O Señor dos Aneis creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien.

Tódolos Nazgûl portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o Rei Bruxo de Angmar, esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a Batalla dos Campos de Pelennor, levaba unha "espada longa e pálida" que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de Minas Tirith, e logo de chegaren os Rohirrim, brandiu unha maza nun duelo contra Éowyn.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois do afundimento de Númenor, pasou a ser o máis temido servo de Sauron e na Terceira Idade instalouse no zona setentrional das Montañas Bretemosas, no Reino de Angmar. Dende alí, enfrontouse a Arnor, o reino dos exiliados descendentes dos Numenorianos ata que en 1975 T.E. Arvedui, derradeiro rei de Arthedain, viuse obrigado a fuxir ante a invasión de Angmar e morreu conxelado nas augas do norte.

O fillo do rei Eärnil II de Gondor, Eärnur, acudiu cunha inmensa flota dende o sur e desembarcou en Mithlond onde se lle uniron os Noldor e se reuniron en Annúminas cun exército vido de Valfendido ó mando de Glorfindel. Alí o Rei Bruxo fuxiu deles e repregouse en Fornost, en cuxa chaira levouse a cabo a Batalla de Fornost. En aquela ocasión foi detido por Glorfindel, quen profetizou que "non caerá por man de home algún" pero aquela derrota obrigou ó Rei Bruxo a fuxir ó sur. Tomou Minas Ithil e pasou a chamala Minas Morgul, a torre da feiticería. Anos despois, Eänur accedeu ó trono de Gondor e foi retado polo Señor dos Nazgûl a combate singular. A pesar dos consellos de Malbeth, Eärnur precipitouse ó combate e deste xeito desapareceu o último rei de Gondor.

Na Guerra do Anel, ó final da Terceira Idade da Terra Media, acoitelou a Frodo cun Puñal de Morgul na Cima dos ventos, esta ferida nunca sandaría de todo. O Rei Bruxo sucumbiu durante a Batalla dos Campos de Pelennor, pero non foi un home quen o derrotou. Éowyn, a sobriña do rei de Rohan acabou con el, coa axuda do hobbit Meriadoc Brandigamo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]