Infiltrados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infiltrados
Título orixinal The Departed
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Martin Scorsese
Produtor Brad Pitt
Brad Grey
Graham King
Guión adaptado por William Monahan
Baseado en Infernal Affairs de Alan Mak & Felix Chong
Intérpretes Leonardo DiCaprio
Matt Damon
Jack Nicholson
Mark Wahlberg
Vera Farmiga
Martin Sheen
Ray Winstone
Alec Baldwin
Música Howard Shore
Fotografía Michael Ballhaus
Montaxe Thelma Schoonmaker
Estudio Plan B Entertainment
GK Films
Vertigo Entertainment
Media Asia Films
Distribuidor Warner Bros. Pictures
Ano 2006
Duración 151 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Thriller
Orzamento $90.000.000[1]
Recadación $289.847.354
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Infiltrados[2] (título orixinal en inglés, The Departed) é un thriller dirixido por Martin Scorsese en 2006, gañador do Premio Oscar á mellor película na entrega número 79 dos premios da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Martin Scorsese recibiu o Oscar ó mellor director, Thelma Schoonmaker o Oscar á mellor montaxe e William Monahan o Oscar ó mellor guión adaptado, todos polo seu respectivo labor neste filme.

Trátase do remake americano do aclamado filme hongkonés de 2002, Mou gaan dou (Wu jian dao), tamén coñecido coma Infernal Affairs.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

The Departed está ambientada no sur de Boston, onde a policía estatal está en guerra co crime organizado. O Departamento de Policía de Massachussets enfróntase á maior banda de crime organizado da cidade e a estratexia consiste en acabar dende dentro co poderoso xefe da mafia Frank Costello (Jack Nicholson). O encargado de infiltrarse na súa banda é o novato Billy Costigan (Leonardo DiCaprio). Mentres Billy tenta gañar a confianza de Costello, outro mozo policía, Colin Sullivan (Matt Damon), ascende rapidamente e ocupa un posto na Unidade de Investigacións Especiais, grupo de elite que ten por misión acabar con Costello. Pero o que os seus superiores non saben é que Collin traballa para este.

Cada home é consumido profundamente pola súa dobre vida, reunindo información sobre os plans e as medidas en contra das operacións que penetrou. Pero cando os mafiosos e a policía se decatan de que teñen un espía entre eles, de súpeto Billy e Collin corren o perigo de seren capturados e expostos ó inimigo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Oscar 2006[editar | editar a fonte]

Categoría Acode Resultado
Mellor película Gañadora
Mellor director Martin Scorsese Gañador
Mellor guión adaptado William Monahan Gañador
Mellor montaxe Thelma Schoonmaker Gañadora
Mellor actor de reparto Mark Wahlberg Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]