American Beauty
| American Beauty | |
|---|---|
| Título orixinal | American Beauty |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Sam Mendes |
| Produtor | Bruce Cohen Dan Jinks |
| Guión | Alan Ball |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Kevin Spacey Annette Bening Thora Birch Wes Bentley Mena Suvari Chris Cooper Allison Janney |
| Música | Thomas Newman |
| Fotografía | Conrad L. Hall |
| Montaxe | Tariq Anwar |
| Estudio | |
| Distribuidor | DreamWorks |
| Ano | 1999 |
| Duración | 122 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $15.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
American Beauty é unha película dramática de 1999 que trata sobre o amor, a liberdade ou a independencia persoal, a familia e o soño americano. A película gañou cinco Premios Oscar, incluído o Oscar o mellor filme, e está catalogada como unha das películas máis exquisitas gañadoras dun Oscar, en toda a historia.
Índice |
Argumento[editar]
A película trata da vida de Lester Burnham, de 42 anos, un executivo de publicidade de Chicago e pai de familia. Ó principio, escóitase a Lester describindo a súa contorna e a súa familia, que é un desastre. A súa esposa Carolyn é unha ambiciosa vendedora inmobiliaria á que só lle importa o éxito profesional. A súa filla Jane, de 16 anos, é unha típica adolescente apática e con complexos que se queixa do seu pai porque non lle presta suficiente atención e porque, segundo ela, “non é normal”. Lester di: "Janie é unha típica adolescente: enfadada, insegura e confusa. Gustaríame dicirlle que todo isto pasará, pero non quero mentirlle". Jane e Lester levan tempo sen falarse.
Lester descríbese como un perdedor, aburrido, alguén fácil de esquecer. Pero a súa vida vai sufrir un cambio radical...
Reparto[editar]
- Kevin Spacey como Lester Burnham. Corentón que vive unha existencia gris e desexa cambiar de vida. Aínda que non o expresa, quere moito á súa filla Jane e incluso á súa muller, a pesar de estar pasando por unha crise matrimonial con ela.
- Annette Bening como Carolyn Burnham. Esposa de Lester. É unha muller moi ambiciosa, cargada de manías, que vive máis centrada nas aparencias e nas esixencias do seu traballo que na propia felicidade da súa familia.
- Thora Birch como Jane Burnham. Filla de Lester e Carolyn. É unha adolescente insegura, cohibida polo seu físico e ten a sensación de que seus pais non a entenden. Por isto mesmo, apóiase no seu mozo, Ricky Fitts, xa que a súa amiga Angela é moi diferente a ela.
- Mena Suvari como Ángela Hayes. É a mellor amiga de Jane e é a fantasía sexual do pai desta. É moi superficial e hipócrita, debido a que lle mentía nas súas relacións á súa amiga, e é un personaxe moi importante debido a que cambia a vida do protagonista.
- Wes Bentley como Ricky Fitts. Veciño dos Burnham, acaba de mudarse coa súa familia á casa do lado. Personaxe moi importante, xa que cambia radicalmente a vida dos Burnham. Pasa o seu tempo libre gravando en vídeo escenas da vida cotiá, e en particular, ós seus veciños (especialmente a Jane). Así é como coñece a Jane e declárase o seu admirador, facéndolle ver que ela non ten nada que envexarlle a ninguén. Tamén coñece a Lester, con quen traba unha amizade a través da venda de marihuana.
- Chris Cooper como Coronel Frank Fitts
- Allison Janney como Bárbara Fitts. É o pai de Ricky Fitts, antigo coronel da mariña americana e ten a súa familia sometida aos seus abusos sen consideración. Lévase bastante mal con Lester Burnham porque pensa que mantén unha relación sexual co seu fillo, debido que o seu fillo vai moitas veces á súa casa. De feito, o Coronel, ao final da película nun momento de desesperación, dálle un bico a Lester para comprobar se este é homosexual.
- Peter Gallagher como Buddy Kane
Temas[editar]
- Aparencias. Este filme explora temas como a importancia imposta pola sociedade occidental moderna á aparencia e o éxito económico, e fala de como isto deforma as relacións interpersonais e como se xera a necesidade de escapar.
- Relacións de familia. A película trata sobre a familia composta por Lester (Kevin Spacey,o protagonista), a súa muller Carolyn e a súa filla adolescente Jane, que se relacionan con outras personaxes, incluídos os seus veciños, a familia Fitts. Se a familia de Lester, Carolyn e Jane é un desastre, isto é debido a que non hai comunicación entre eles. Ámbolos dous pais están moi ocupados cos seus problemas persoais como para prestarlle a atención que Jane desexaría. Neste caso, por exemplo, Lester, aínda que no fondo si se preocupa pola súa filla, non ten a iniciativa de poñerse a falar con ela.
Por outro lado, a familia Fitts está sometida ó despotismo do pai, Frank Fitts, antigo coronel da Marina, que a goberna con man de ferro. O Coronel Fitts é un maltratador que ten completamente anulada á súa esposa, e incluso propina ó seu fillo Ricky tundas brutais, chegando a ter que ser hospitalizado.
Galardóns e nomeamentos[editar]
- 1999: 5 Oscars: filme, director, actor (Kevin Spacey), guión e fotografía. 8 nomeamentos.
- 1999: 3 Globos de Ouro: Mellor filme - drama, director e guión. 6 nomeamentos.
- 1999: 6 premios BAFTA, incluíndo mellor filme, fotografía e montaxe. 14 nomeamentos.
- 1999: Nomeado ó Cesar: Mellor filme estranxeiro.
- 1999: Nomeada ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
- 1999: 2 premios National Board of Review: Mellor filme, actor (Wes Bentley).
- 1999: Festival de Toronto: Mellor director (Sam Mendes), Premio do Público.
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)