The Children of Húrin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Children of Húrin ou Narn i hîn Húrin (en galego: Os fillos de Húrin), é un dos libros da obra do escritor J. R. R. Tolkien. Publicado no 2007, é o máis recente dos publicados polo fillo do autor, Christopher Tolkien, que fixo un traballo de compilación e edición das notas do seu pai.

Os Fillos de Húrin non é a primeira historia a ser publicada tras a morte do autor en 1973. Xa antes Christopher Tolkien foi o responsábel da publicación do Silmarillion, unha coleción dos principais mitos que constituían os alicerces da ficción Tolkieniana, e para moitos dos fans foi a súa mellor creación. Xurdiran tamén os doce volumes de The History of Middle Earth, aínda que non tan vocacionados para o público en xeral, e tamén Contos inconclusos de Númenor e a Terra Media, que é unha especie de análise profunda dalgunhas historias do Silmarillion.

Mais Os Fillos de Húrin será o primeiro libro, dos recentemente editados, a ter a capacidade de se asumir ao nivel de O Señor dos Aneis. E é absolutamente tráxico. Non é raro que os finais de Tolkien sexan infelices. As súas historias conteñen un sabor doce e amargo, e a vitoria anda sempre a par cun profundo sentimento de perda e mágoa. Isto será aínda máis real nos Fillos de Húrin.

Sendo esta unha publicación póstuma, a historia contida neste libro foi iniciada polo seu autor hai varias décadas, máis precisamente en 1914. Avaliando os contidos n'O Silmarillion e Contos inconclusos de Númenor e a Terra Media, esta é talvez unha das creacións máis escuras de Tolkien. É unha historia sobre a maldición e a imposibilidade de escapar a unha condea ditada por Morgoth, o Sinistro Inimigo do Mundo. A historia sobre a incapacidade dun home de asumir as redes do seu propio destino e desafiar as forzas que aprisionan e limitan a súa vida.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Húrin, un dos maiores guerreiros humanos das antigas eras, é aprisionado por Morgoth e maldicido por se rexeitar a traizoar a os elfos. Acorrentado de forma máxica a unha cadeira nun alto pico, é forzado cruelmente a asistir a todos os males que se abateran sobre a súa propia familia. O seu fillo, Túrin, fai xustiza á memoria do seu pai, mais ao longo das súas moitas batallas, traxedias marcan todas as súas accións e a todos os que o aman.