David Wenham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Wenham
Wenham.jpg
Nacemento 21 de setembro de 1965
Marrickville, Nova Gales do Sur, Australia Australia
Profesión actor
Cónxuxe(s) Kate Agnes (1994-presente)
Fillo(s) Eliza Jane
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

David Wenham nado o 21 de setembro de 1965 en Marrickville, Nova Gales do Sur, é un actor australiano de cine e televisión que acadou a fama internacional en 2002 pola súa interpretación de Faramir na triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson.

Índice

Traxectoria [editar]

A súa primeira interpretación consistiu nun pequeno papel na serie Sons and Daughters (1982). Despois de participar en outras series de televisión, deu o salto ó cine con Greenkeeping (1992) e Cosi (1996), das cales recibiu os parabéns do público e da crítica australiana. Pero foi con The Boys (1998) cando se afianzou definitivamente como un dos grandes actores australianos, conseguindo diversos premios e nomeamentos.

En 1998 tivo un papel principal na serie Seachange, de gran éxito, que lle serviu para afianzar a súa popularidade. En 1999 protagonizou o filme Molokai, para a que interpretou a vida do Pai Damián nunha comunidade de leprosos no Hawai do século XIX.

A participación de Wenham en filmes más de soa mundial inclúen un pequeno papel en Mouling Rouge! (2001), o personaxe de Faramir en O Señor dos Aneis: As Dúas Torres (2002) e O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei (2003) da triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson, ó monxe Carl en Van Helsing (2004) e ó soldado espartano Dilios en 300 (2007).

Tamén foi protagonista na versión teatral de Cyrano de Bergerac en Melbourne durante o 2005.

Filmografía [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]