Casa Alegre de Sagrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°33′46″N 2°0′44″L / 41.56278, -2.01222

Fachada da casa.

A casa Alegre de Sagrera é un edificio-museo da rúa da Font Vella, núm. 29, de Terrasa.[1] En orixe, foi a casa natal de Joaquim de Sagrera, fabricante téxtil de finais do século XVIII e comezos do XIX que tivo un papel destacado na Guerra da Independencia española. Malia que data de comezos do século pasado, a súa aparencia actual é o resultado da reforma modernista levada a termo por Melcior Viñals, arquitecto municipal, a comezos do século XX, en tempos dos sucesores do propietario orixinario, Francesc Alegre i Roig e Mercè de Sagrera, xa que quedara moi prexudicada por mor da invasión das tropas napoleónicas. A casa, actualmente unha das seccións do Museo de Terrasa, é un modelo de vivenda da burguesía industrial da época.

Retrato de Joaquim de Sagrera na galería do Concello.

Despois de que a mediados do século XX, grazas a unha campaña impulsada pola prensa local e a Xunta Municipal de Museos, se impedise unha reforma drástica do edificio que o modificaría totalmente, a casa Alegre de Sagrera foi adquirida polo Concello en 1973 co apoio da Caixa de Aforros de Terrasa.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AADD (2010). Museus i Centres de Patrimoni Cultural a Catalunya. Barcelona: Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya. pp. p. 121. ISBN 84-393-5437-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]