Castelo cartuxa de Vallparadís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo Cartoixa de Vallparadís
ben de interese cultural e Ben Cultural de Interese Nacional
ConcelloTerrasa
ProvinciaProvincia de Barcelona
Comunidade
autónoma
Cataluña
Coordenadas41°33′53″N 2°01′08″L / 41.5646, 2.01892Coordenadas: 41°33′53″N 2°01′08″L / 41.5646, 2.01892
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalGótico (século XII)
Estado actualBen conservado
Véxase tamén
Castelos de Cataluña
editar datos en Wikidata ]

O castelo cartuxa de Vallparadís (en catalán: Castell cartoixa de Vallparadís) é unha antiga edificación de Terrasa que se atopa a carón do torrente de Vallparadís. Dende 1959 é a sección principal das seis que conforman o Museo de Terrasa. Accédese a el polo parque de Vallparadís e pola rúa Salmerón.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro rexistro dunha fortificación a carón do torrente de Vallparadís atópase nun documento de 1110, cando Berenguer de Sanlà e a súa muller Ermessendis compran ó conde de Barcelona, Ramon Berenguer III, unhas terras para construír a súa residencia señorial. O castelo de Vallparadís pertenceu dende entón a esta familia, que adoptou o apelido de Terrasa, até 1344, no que Blanca de Centelles, filla de Bernat de Centelles e de Saurina de Terrassa, cede o castelo a monxes cartuxos de Escaladei e da súa filial de Sant Pol de Mar, que para a súa nova función de mosteiro, introduciron reformas importantes, como a creación do claustro no antigo patio de armas, a sala capitular e a capela.

Como cartuxa de Sant Jaume de Vallparadís subsistirá até 1413, intre no que a comunidade se traslada a Tiana, na nova cartuxa de Montalegre. Ese ano pasa a mans dos carmelitas do Hospital de la Santa Creu de Barcelona e, máis adiante, é adquirida por Jofre de Sentmenat en 1432. Os Sentmenat foron os señores de Vallparadís até 1830, ano no que este territorio pasou a estar baixo a xurisdición do concello de Terrasa. O antigo castelo, daquela convertido en masía, sería adquirido en 1852 pola familia Maurí. En 1944, foi declarado monumento histórico, e en 1947, os Maurí cedéronllo ó Concello da cidade, que, despois dunha intensa camapaña de restauración e reconstrución do arquitecto Alexandre Ferrant, o converteu en parte do Museo de Terrassa en 1959.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]