Suleiman I
Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán do Imperio Otomán (1520-1566), coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico. Durante o seu reinado o Imperio Otomán acadou o máximo prestixio e esplendor, adaptou as institucións ás necesidades do seu vasto imperio, reafirmou a súa autoridade militar tanto en Oriente como en Occidente que estendeu o seu dominio dende a fronteira con Austria ao Golfo Pérsico e dende o mar Negro a Marrocos. Tamén o reinado de Suleiman tamén se destacou pola intensa actividade cultural que se desenvolveu no seu Imperio, unha auténtica idade de ouro.
Traxectoria [editar]
Accedeu ao trono á morte do seu pai, Selim I, tiña vinte e cinco anos e xa ten que enfrontarse a unha revolta do gobernador de Damasco. En 1521 atacou Hungría e conquistou Belgrado e virou os seus ollos cara o Mediterráneo, concretamente á illa de Rodas en poder dos Cabaleiros da Orde de San Xoán, e que constituía un obstáculo para as comunicacións dos otománs no Mediterráneo oriental, tras un sitio de seis meses Rodas capitulou e os cabaleiros marcharon cara Malta. En 1526 Suleiman principia unha nova campaña contra Hungría, vencendo ao rei Luís II de Hungría en Mohács que resulta morto, Hungría divídese, o norte queda para Fernando I de Habsburgo e o resto converteuse nun estado vasalo do Imperio Otomán, aínda que Fernando reconquistou o centro de Hungría polo que Suleiman iniciou unha nova campaña para expulsalo, conquistando Buda e poñendo mesmo cerco a Viena (1529) que levantou ás tres semanas pero que levou o temor ás cortes europeas, o cerco repetiuno tamén sen éxito en 1532, devastando amplas zonas de Austria e Hungría. No Mediterráneo Suleiman apoiouse en Barbarroxa para loitar polo seu control contra os españois.
En Asia o gobernador de Bitlis sublevárase poñéndose baixo a protección do sha Tahmasp I, Suleiman iniciou unha nova campaña, desta vez contra o sha en 1533, ocupou Tabriz e Bagdad, o que supuña o control sobre boa parte da rota da seda e da rota comercial á India.
En 1540 morre o rei vasalo de Hungría, Xoán Zápolya e inmediatamente Fernando ataca Buda, Suleiman rexeitou o ataque e volveu conquistar a cidade e o centro de Hungría. Suleiman consolida as súas conquistas asinando unha serie de tratados de paz cos seus veciños, en 1540 con Venecia, en 1547 con Carlos I de España, mantendo boas relacións con Francia e en 1559 asina un tratado de paz co sha de Irán. Morreu en 1566 nunha campaña contra o emperador Maximiliano II.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Ahmed, Syed Z (2001). The Zenith of an Empire : The Glory of the Suleiman the Magnificent and the Law Giver. A.E.R. Publications. ISBN 978-0-9715873-0-4.
- Atıl, Esin (1987). The Age of Sultan Süleyman the Magnificent. Washington, D.C.: National Gallery of Art. ISBN 978-0-89468-098-4.
- Atıl, Esin (July/August 1987). "The Golden Age of Ottoman Art". Saudi Aramco World (Houston, Texas: Aramco Services Co) 38 (4): 24–33. ISSN 1530-5821. http://www.saudiaramcoworld.com/issue/198704/the.golden.age.of.ottoman.art.htm. Consultado o 2007-04-18.
- Barber, Noel (1976). Lords of the Golden Horn : From Suleiman the Magnificent to Kamal Ataturk. London: Pan Books. ISBN 978-0-330-24735-1.
- Clot, André (1992). Suleiman the Magnificent : The Man, His Life, His Epoch. London: Saqi Books. ISBN 978-0-86356-126-9.
- Garnier, Edith L'Alliance Impie Editions du Felin, 2008, Paris ISBN 978-2-86645-678-8 Interview
- Greenblatt, Miriam (2003). Süleyman the Magnificent and the Ottoman Empire. New York: Benchmark Books. ISBN 978-0-7614-1489-6.
- Imber, Colin (2002). The Ottoman Empire, 1300–1650 : The Structure of Power. New York: Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-333-61386-3.
- Kinross, Patrick (1979). The Ottoman centuries: The Rise and Fall of the Turkish Empire. New York: Morrow. ISBN 978-0-688-08093-8.