Monemvasia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Promontorio de Monemvasia, visto dende o porto de Xefira

Monemvasia (en grego Μονεμβασία, tamén coñecido como Malvasia), é unha vila medieval fortificada, que se atopa nunha pequena península da costa leste do Peloponeso, en Grecia. O nome deriva de dúas palabras gregas que significan entrada única, en referencia á lingua de terra e á ponte que unen o promontorio e o continente.

O promontorio rochoso é longo e estreito, ten 1,8 quilómetros de lonxitude a unha altitude de 300 msnm.

A vila de Monembasia está situada na vertente sueste, rodeada por murallas por tres dos seus lados e pola parede do promontorio polo cuarto. Gran parte dos edificios son de construción antiga, restaurados ou sen restaurar; a maioría das rúas son angostas e tortuosas, non aptas para vehículos. Hai varias igrexas bizantinas.

Un camiño conduce dende a parte superior da poboación até unha fortificación sita no alto do promontorio. Consérvanse restos de varios edificios, as murallas e unha igrexa bizantina en boas condicións.

Monembasia está conectada ao continente por unha ponte que leva a unha vila chamada Xerifa, ás veces denominada Néa Monemvasía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]