Şehzade Bayezid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaŞehzade Bayezid

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1525 Editar o valor em Wikidata
Palacio de Topkapi Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1561 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Qazvin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSivas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Otomán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Otomana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMihrimah Sultan (en) Traducir, Ayşe Sultan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSuleiman I Editar o valor em Wikidata  e Roxelana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMihrimah Sultan (pt) Traducir, Şehzade Mustafá, Selim II (pt) Traducir, Şehzade Mehmed (pt) Traducir, Şehzade Abdullah (en) Traducir, Şehzade Murad (en) Traducir, Șehzade Cihangirs (en) Traducir e Raziye Sultan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Osmanlı-33

Şehzade Bayezid, nado en 1525 e finado o 25 de setembro de 1561, foi un príncipe otomán, aspirante polas armas ao trono.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bayezid era fillo de Suleiman I e de Hürrem Sultan, foi gobernador da rexión de Anatolia ata que en 1553 durante unha campaña do seu pai a Nakhchivan (na actual Acerbaixán) pasou a gobernar Edirne, a capital otomá en Europa, para controlar Rumelia na ausencia do emperador. Durante a campaña executouse a Şehzade Mustafá, o irmán máis vello de Bayezid, Şehzade Mustafa. As novas da morte do príncipe causaron malestar ao longo do imperio e un impostor, que se facía pasar polo executado Mustafá, alzouse contra Suleiman en Rumelia. Malia que un visir dominou a rebelión, Suleimán sospeitou que o seu fillo Bayezid reaccionou deliberadamente de xeito vagaroso[1]. Logo da campaña pasou a gobernar Kütahya.

Rebelión[editar | editar a fonte]

Suleiman coñecedor que só dous dos seus fillos estaban en condicións de lle suceder no trono, Selim e Bayezid e que a competición entre os dous era evidente, decidiu en 1558 enviar os dous fillos a provincias afastadas da capital Constantinopla pero equidistantes dela, así Selim foi como gobernador a Konya e Bayezid a Amasia. Así e todo Bayezid foi remiso a obedecer e comezou a reunir aos seus seguidores[2]. Suleiman acusou ao seu fillo Bayezid de ser un rebelde e enviou o seu fillo Selim contra el, e en colaboración con Sokollu Mehmet Pasha (futuro gran visir), derroutouno na batalla de Konya o 31 de maio de 1559.[3] pero Beyezid logrou escapar a Persia cos seus fillos e un pequeno exército, alí ao primeiro o sultán Tahmasp I acolleuno pero logo a petición de Suleiman prendeuno e finalmente executouno canda os seus catro fillos[4].

Actividade poética[editar | editar a fonte]

Bayezid foi tamén un poeta, compoñendo co pseudónimo de "Şahi"[5] poesía en turco e persa. Nos seus poemas están presentes o desexo de reinar, o amor, o pecado e o perdón. Consérvanse dous manuscritos cos seus poemas e tamén as composicións nas que piden perdón a seu pai, así como a resposta deste.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fahri Kānûnî devrý þehzâde mücâdelelerý ve bunun osmanli sýyâsî ve sosyal târýhý bakimindan önemý Türk Yurdu, X/35 (1990), pp. 9-16.}}
  2. Abbas Amanat e Farzin Vejdani (2012) Iran Facing Others: Identity Boundaries in a Historical Perspective Palgrave Macmillan, p. 88
  3. Yaşar Yücel e Ali Sevim: Türkiye Tarihi II, AKDTYK yayınları, Istambul,1990 p 299-300
  4. Joseph von Hammer:Osmanlı Tarihi Vol II. Milliyet yayınları, İstanbul. p 36-37
  5. Azad Ağaoğlu, "Şahi Divanı mı, Vâhî Divanı mı?", Toplumsal Tarih derg., SAYI:93 CİLT:16 EYLÜL 2001
  6. Şerafettin Turan (1961) Kanuni'nin oğlu Şehzâde Bayezid Vak'ası pp. 208-210