Lingua somalí
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Somalí (af Soomaali) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | ||
| Total de falantes: | Máis de 10 millóns | |
| Familia: | Linguas afroasiáticas
Linguas cuxitas |
|
| Escrita: | Alfabeto latino oficial desde 1972 (historicamente alfabeto árabe e escrita osmanya) | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | ||
| Regulado por: | Sen regulación oficial | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | so | |
| ISO 639-2: | som | |
| ISO 639-3: | som | |
A lingua somalí é unha lingua afroasiática, que pertence ao grupo das linguas cuxitas. É a lingua oficial de Somalia, aínda que tamén se fala en estados adxacentes, como Xibutí, Etiopía ou Quenia. O número exacto de falantes desta lingua é descoñecido, mais estímase que pode estar arredor de entre 10 e 15 millóns, existindo tamén un medio millón de persoas que a teñen como segunda lingua. Tamén cabe destacar que a guerra civil de Somalia e a emigración fixeron que os seus falantes se achen esparexidos por un montón de países máis.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |