Sarah Bernhardt
| Sarah Bernhardt | |
|---|---|
Sarah Bernhardt en 1880 |
|
| Nacemento | Henriette Rosine Bernard 22 de outubro de 1844 París, Francia |
| Falecemento | 26 de marzo de 1923 París, Francia |
| Profesión | actriz |
| Cónxuxe(s) | Ambroise Aristide Damala |
Henriette Rosine Bernard máis coñecida como Sarah Bernhardt, nada o 22 de outubro de 1844 en París e morta o 26 de marzo de 1923 en París e soterrada no cemiterio do Père-Lachaise, foi unha actriz de teatro francesa considerada unha das mellores actrices de todos os tempos recibiu en 1914 Lexión de Honra polas súas condicións artísticas. Tamén foi actriz nos primeiros anos do cine mudo.
[editar] Traxectoria
Naceu no número 5 da rúa École de Médecine de París. A súa nai era unha mulle de relixión xudía, de orixe holandesa chamada Julie Bernardt, que se gañaba a vida como prostituta de luxo xunto coa súa irmá, Rosina Bernardt. Sarah Bernhardt nunca soubo quen foi o seu pai biolóxico e usaba o nome do irmán da súa nai, Édouard Bernardt como o do seu pai.
Bernhardt debutou o 11 de agosto de 1862 na Comédie-Française, o teatro máis prestixioso de Francia, coa obra "Iphigénie" de Jean Racine. O seu forte carácter fixo que xurdiran tensións cos seus compañeiros deixando a Comédie en 1863, tres semans despois contratouna o Teatro Gymnase realizando pequenos papeis en diferentes obras, actuou en "Le Passant" de François Coppée en 1869 e constituiu toda unha revelación, e triunfou en "Ruy Blas" en 1872; chamada de novo pola "Comédie Francaise" interpretou Phèdre en 1874 e Hernani en 1877. Esta década de 1870 fíxose famosa nos teatros de Francia, cunha reputación de actriz dramática seria. En 1879, saiu por primeira vez de Francia, coñeceu Inglaterra, onde estivo seis semanas facendo dúas representacións diarias cun enorme éxito.