Hamlet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para ver outros artigos co mesmo nome, vexa Hamlet (homónimos).
Soliloquio to be or not to be

Hamlet é unha traxedia escrita por William Shakespeare, unha das obras teatrais máis coñecidas e citadas do mundo. Shakespeare escribiuna entre 1600 e o verán de 1602, publicouse por vez primeira en 1603. O soliloquio To be ou not to be (ser ou non ser) é a pasaxe máis popular da obra.

Historia e adaptacións[editar | editar a fonte]

Existen numerosas adaptacións cinematográficas e televisivas de Hamlet. Algunhas das máis coñecidas son a de Laurence Olivier de 1948, a de Franco Zeffirelli, protagonizada por Mel Gibson en 1990 ou a de Kenneth Branagh de 1996.

A historia da obra provén da tradición escandinava que fixo coñecida Saxo Grammaticus na súa obra Gesta Danorum a comezos do século XIII ó escribir a historia do príncipe Hamlet.

Á súa vez, o Hamlet converteuse nun mito a explorar dentro do teatro e mais tamén do cinema de todos os tempos. Entre as versións e revisitacións sobre este tema destacaron O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca, de Álvaro Cunqueiro (1958) e mais o Hamlet Machine, do alemán Heiner Müller (1979).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Hamlet