Nadar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nadar (autorretrato).

Nadar é o pseudónimo de Gaspard-Félix Tournachon, que naceu o 6 de abril 1820 en París e morreu o 21 de marzo 1910 na mesma cidade. Foi xornalista, ilustrador, caricaturista e tamén condutor de areóstato pero sobre todo fotógrafo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Publicou a partir do ano 1854 unha serie de retratos fotográficos das celebridades contemporáneas, como Franz Liszt, Charles Baudelaire, Hector Berlioz, Gioachino Rossini, Jacques Offenbach, George Sand, Gérard de Nerval, Édouard Manet, Gustave Doré, Gustave Courbet, Jean-Baptiste Camille Corot e algún máis.

Moi curioso das novidades técnicas do seu tempo, lanzouse con paixón no mundo dos primeiros globos dirixibles. No ano 1858, realiza a primeira fotografía aérea de París, desde un globo a 80 metros de altitude. As aventuras de Nadar inspirarán a Jules Verne en Cinco semanas en globo escrita polo ano 1862. Un dos heroes de dúas novelas de Jules Verne, Michel Ardan, é o anagrama de Nadar.

Retratos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nadar

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]