Gustave Doré

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Gustave Doré por Nadar

Gustave Doré foi un ilustrador e pintor francés, nacido en Estrasburgo o 6 de xaneiro de 1832. Faleceu o 23 de xaneiro de 1883 en París. A súa valía foi recoñecida internacionalmente durante a súa vida.

Índice

[editar] Biografía

Dante e Béatriz no Paraíso

Fillo dun enxeñeiro de Camiños, comezou a deseñar aos trece anos as primeiras litografías. Un ano despois, publicouse o seu primeiro album: Les travaux d'Hercule (Os traballos de Hércules). Aos quince anos, Gustave Doré é enrolado como caricaturista no Journal pour rire (Xornal para rir) de Charles Philipon. No mesmo ano, en 1848, estrease no famoso Salón con dous deseños á pluma. En 1849, no pasamento do pai, xa é moi coñecido con tan só dezaseis anos. Vive entón perto da mai. A partir de 1851, ao tempo que expón os seus lenzos, realiza tamén algunha escultura de tema relixioso e colabora con diversas revistas como o Journal pour tous (Xornal para todos). En 1854, o editor Joseph Bry publica unha edición das obras de François Rabelais, ilustrada cunha centena das súas gravuras. Entre 1861 e 1868, ilustra A Divina Comedia de Dante.

De cada máis recoñecido, ao tempo autodidacta e exuberante, Gustave Doré ilustrará entre 1852 e 1883 máis de cento e vinte volumes que non só aparecerían na Franza, senón tamén en Inglaterra, na Alemaña e Rusia. Gustave Doré influirá en numerosos ilustradores á postre.

Como pintor realizaría a súas obras principais : L'Enigme (O Enigma) (Museo de Orsay) e Le Christ quittant le prétoire (Ecce Homo) (1867-1872), un cadro de 6 metros de alto e 9 metros de ancho Museo de arte moderna e contemporánea de Estrasburgo.

En 1931, Henri Leblanc publicou un catálogo razonado que reseña 9.850 ilustracións, 68 títulos de música, 5 carteis, 51 litografías orixinais, 54 aguadas, 526 deseños, 283 acuarelas, 133 pinturas e 45 esculturas.

[editar] Obras ilustradas por Gustave Doré

Gustave Doré ilustrou máis de cen obras mestras da literatura universal

[editar] Galería de ilustracións

[editar] Bibliografía

  • Annie Renonciat, Gustave Doré, Paris, A.C.R., 1983.
Ferramentas persoais