Parlamento de Galicia
| Parlamento de Galicia | ||||
|
|
||||
| Tipo | Parlamento autonómico | |||
|---|---|---|---|---|
| Presidenta | Pilar Milagros Rojo Noguera, PPdeG desde 2009 |
|||
| Membros | 75 | |||
| Grupos representados | PP, PSdeG-PSOE, AGE e BNG | |||
| Últimas eleccións | 21 de outubro de 2012 | |||
| Sede | Pazo do Hórreo, rúa do Hórreo (Santiago de Compostela) | |||
| Páxina web | www.parlamentodegalicia.es | |||
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Actualmente está formado por 75 deputados que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 24 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 15 pola de Lugo e 14 pola de Ourense.
Índice |
Funcións [editar]
- Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma.
- Controlar a acción executiva da Xunta.
- Aprobar os seus orzamentos.
- Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega.
- Escoller de entre os seus membros ao presidente da Xunta de Galicia.
- Esixirlles responsabilidade á Xunta de Galicia e ao seu presidente.
- Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei.
- Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei.
- Interpoñer recursos de inconstitucionalidade.
- Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.
O Parlamento representa ao pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma da que derivan tódalas outras, e é inviolábel.
Sede [editar]
A sede do Parlamento de Galicia está situada na cidade de Santiago de Compostela, na actualidade na rúa do Hórreo, mais a primeira sede estivo no Pazo de Fonseca.
O salón de sesións é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados e deputadas ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial.
O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira fila de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.
No Parlamento de Galicia hai dous períodos de sesións, un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro de febreiro a xuño. Durante estes períodos, o Parlamento pódese reunir en sesións ordinarias que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.
Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de se cumpriren determinados requisitos.
O presidente do Parlamento é quen fixa a orde do día dos plenos, de acordo coa Mesa e a Xunta de Portavoces e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das comisións vén determinada pola respectiva Mesa, consonte o calendario establecido pola Mesa do Parlamento.
Composición [editar]
75 escanos están ocupados polos representantes de Galicia no seu Parlamento.
Foron convocadas eleccións ó Parlamento de Galicia mediante o Decreto 174/2012[1]. Nas ditas eleccións do 21 de outubro de 2012 o resultado para a súa configuración durante a IX lexislatura foi:
- Partido Popular de Galicia (PPdeG): 41 deputados.
- Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 18 deputados.
- Alternativa Galega de Esquerda (AGE): 9 deputados.
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): 7 deputados.
Os deputados electos foron convocados á Sesión Constitutiva que se celebrou o día 16 de novembro do ano 2012, ás 11:00 h[2]. Na dita sesión foron elixidos os membros da Mesa[3]. A Sesión de apertura da IX Lexislatura tivo lugar o 4 de decembro de 2012.
- Mesa do Parlamento
- Presidencia: Pilar Milagros Rojo Noguera (PPdeG)
- Vicepresidencia 1º: Miguel Santalices Vieira (PPdeG)
- Vicepresidencia 2ª: Marisol Soneira Tajes (PSdeG)
- Secretaría: José Manuel Balseiro Orol (PPdeG)
- Vicesecretaría: Concepción Burgo López (PSdG)
|
Grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia |
||||
| Nombre | Partidos | Portavoz | Escanos | |
| Grupo Parlamentario Popular | PPdeG | Pedro Puy | 41 | |
| Grupo Parlamentario Socialista | PSdeG | Abel Losada | 18 | |
| Grupo Parlamentario de Esquerda | AGE | Xosé Manuel Beiras Torrado | 9 | |
| Grupo Parlamentario Nacionalista | BNG | Francisco Jorquera | 7 | |
Actividade [editar]
A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións: un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro de febreiro a xuño. Durante estes períodos, os deputados pódense reunir en sesións ordinarias de Comisión que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres cada semana.
Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumprirse determinados requisitos.
Quen exerce a Presidencia do Parlamento fixa a Orde do día das Sesións Plenarias, de acordo coa Mesa e a Xunta de Voceiros e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das Comisións vén determinada pola respectiva Mesa, de acordo co calendario establecido pola Mesa do Parlamento.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- López Torre, Rafael (2011). Trinta anos do Parlamento de Galicia 1981-2011. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. ISBN 978-84-7836-097-0. http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/publicacions/trinta_anos_do_parlamento_de_galicia_web.pdf. Consultado o 21 de decembro de 2012.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||