Raquel Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaquel Arias
Biografía
Nacemento2 de abril de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Proendos, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
26 de marzo de 2008 – 20 de marzo de 2009 – Olga Iglesias Fontal →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Alcaldesa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Raquel Arias Rodríguez, nada en Proendos (Sober) o 2 de abril de 1966, é unha xornalista e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en Radiocadena Española e Radio Nacional de España. Foi redactora de informativos na Radio Galega en Santiago de Compostela. Tamén colaborou nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e foi correspondente de El Mundo na provincia de Ourense. De 1996 a 1999 foi responsable do gabinete de prensa do concello de Monforte de Lemos.

Foi alcaldesa de Sober polo PPdeG entre 1999 e 2009 e deputada provincial entre 1999 e 2003 e 2007 e 2008. Foi elixida deputada no Congreso pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 2008. Dimitiu como deputada en 2009 para desempeñar o cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

Na actualidade exerce o cargo de Delegada Territorial da Xunta de Galicia e forma parte da Executiva do PPdeG como coordinadora de Medio Rural. Tamén optou á presidencia provincial do Partido Popular de Lugo, pero resultou derrotada pola daquela alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López.[1] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Jesús Vázquez Pérez
 
Alcaldesa de Sober
 
1999 - 2009
Sucesor:
José Gómez Vázquez