Referendo de autonomía de Galicia de 1936

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Referendo de autonomía de Galicia de 1936
Galicia Editar o valor em Wikidata 1980 Editar o valor em Wikidata  → 
Data28 de xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata
Tiporeferendo Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado1.343.135 Editar o valor em Wikidata
1.000.963
   74.52٪
Número de votos válidos    Número de votos en branco 1.451   Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
Si
993.351   99.24٪
Gañador/a
Non
6.161   0.62٪

O referendo de autonomía de Galicia de 1936 celebrouse o 28 de xuño, no que votou o 74,56% do censo electoral (1 343 135 electores inscritos), cunha alta participación para a época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993 351 foron a prol (o 99,24%), 6 161 en contra e 1 451 en branco.

Cartel de Camilo Díaz Baliño a prol do estatuto.

Detalle dos resultados[editar | editar a fonte]

Opción Votos %
A prol 993 351 99,24
En contra 6 161 0,76
Inválidos/Votos en branco 1 451
Total 1 000 963 100
Votantes rexistrados/Participación 1 343 135 74,56%
Fonte: Direct Democracy
Luís Manteiga nun mitin pro-estatuto o 27/6/1936 en Lugo.[1]
Resultados detallados por provincias
Cabeceira de La Voz de Galicia o 28 de xuño.
Ánxel Casal convida os outros alcaldes a acudir ó Congreso o 15 de xullo.
Provincia da Coruña
Censo de electores 455 786
Votos válidos 372 621
Afirmativos 370 733
Negativos 1 655
En branco 223
Fonte: (Barreiro Fernández, 2007)
Provincia de Lugo
Censo de electores 284 888
Votos válidos 202 887
Afirmativos 200 533
Negativos 1 886
En branco 575
Fonte: (Barreiro Fernández, 2007)
Provincia de Ourense
Censo de electores 265 773
Votos válidos 181 366
Afirmativos 179 363
Negativos 1 661
En branco 342
Fonte: (Barreiro Fernández, 2007)
Provincia de Pontevedra
Censo de electores 336 779
Votos válidos 243 935
Afirmativos 242 791
Negativos 959
En branco 311
Fonte: (Barreiro Fernández, 2007)

Entrega do Estatuto en Madrid[editar | editar a fonte]

O 15 de xullo de 1936, unha comisión en representación do Comité Central da Autonomía de Galicia entregaba ó Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, o texto do Estatuto aprobado en referendo. Esta comisión estaba formada por unha nutrida representación de parlamentarios e políticos galegos, entre os que se encontraban Bibiano Fernández Osorio-Tafall e Enrique Rajoy Leloup (representando ó Comité), os presidentes das catro xestoras provinciais (en función de Deputacións), os alcaldes das catro capitais de provincia e mailos de Santiago, Vigo, Ferrol e Viveiro e un grupo de deputados galegos da Fronte Popular (Castelao, Elpidio Villaverde, Fernández de la Vega, Ramón Beade, Alfredo Somoza, Celestino Poza, Guiance Pampín etc.).

En calquera caso, o estoupido da Guerra Civil o día 18 rematou brusca e definitivamente o proceso. O estatuto galego nunca chegou a entrar en vigor por mor do triunfo do bando nacional en Galicia tras o Golpe de Estado.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]