Consellería de Sanidade
A Consellería de Sanidade é unha das consellarías da Xunta de Galicia. Dela depende o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), entidade que administra a rede de centros públicos sanitarios de Galicia. A súa titular actual é Pilar Farjas.
Índice |
[editar] Historia
A consellería de Sanidade é das máis estables de toda a historia da administración autonómica. Ademais das súas competencias básicas sobra a atención sanitaria, ao longo da historia incorporou tamén temporalmente competencias sobre defensa do consumidor e os servizos sociais, que posteriormemte chegaron a conformarse como unha consellería de seu. Dende 2005 limitouse unicamente ás competencias en materia de asistencia sanitaria.
[editar] Conselleiros
- Xosé María Hernández Cochón (1982-1983)
- Xavier Suárez-Vence (1983-1986). A partir de 1984 co cargo de conselleiro de Sanidade e Consumo.
- Xosé María Hernández Cochón (1986-1987). Conselleiro de Sanidade e Seguridade Social.
- Pablo Padín (1987-1990). Conselleiro de Sanidade.
- Manuel Montero Gómez (1990-1991).
- Xosé Manuel Romay Beccaría (1991-1996). A partir de 1993 co cargo de conselleiro de Sanidade e Servizos Sociais.
- Xosé María Hernández Cochón (1996-2004). A partir de 2001, outra vez unicamente co cargo de conselleiro de Sanidade.
- José Manuel González Álvarez (2004-2005).
- María Xosé Rubio (2005-2009).
- Pilar Farjas (2009-2011).
- Rocío Mosquera (2012-).
[editar] Estrutura interna
A Consellería de Sanidade estrutúrase en [1]:
- A conselleira ou o conselleiro.
- A Secretaría Xeral: Antonio Fernández-Campa
- A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública: Manuel Antonio Varela Rey
- A Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento
- A Subdirección Xeral de Información sobre saúde e Epidemioloxía
- A Subdirección Xeral de Xestión
- A Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde
- A Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables
De por parte, o Servizo Galego de Saúde é un organismo autónomo adscrito á Consellería de Sanidade. A súa xerente é Nieves Domínguez González.
[editar] Entes adscritos á consellería
- Instituto Galego de Medicina Técnica
- Instituto Galego de Oftalmoloxía
- Centro de Transfusión de Galicia
- Urxencias Sanitarias de Galicia
- Escola Galega de Administración Sanitaria
[editar] Notas
- ↑ Decreto 310/2009, de 28 de maio, modificado polo Decreto 185/2010, de 11 de novembro.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||