Consellería de Medio Rural e do Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Consellería do Medio Rural")

A Consellería de Medio Rural e do Mar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, da política forestal, da pesca, do marisqueo e dos portos. O seu titular actual é Rosa Quintana.

Índice

[editar] Historia

A consellería de Medio Rural e do Mar é, a pesar das mudanzas de nomes, unha das máis estables da historia dos gobernos autonómicos en canto a funcións e competencias. A variación máis importante foi a incorporación, entre 1983 e 1986 das políticas relacionadas coa pesca e a acuicultura que antes, coma o foron despois, tiveron unha consellería de seu. Estas competencias foron recuperadas trala remodelación de goberno producida en 2012.

[editar] Conselleiros

  1. Jaime Rey de Roa (1982-1984). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
  2. Fernando Garrido Valenzuela (1984-1986). A partir de 1985, como conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación e uns meses despois, como conselleiro de Agricultura.
  3. Ángel Ruiz Fidalgo (1986-1987).
  4. Francisco Sineiro (1987-1990).
  5. Xosé Manuel Romay Beccaría (1990-1991). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal.
  6. Tomás Pérez Vidal (1991-1997). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
  7. Cástor Gago (1997-2001). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
  8. Xoán Manuel Diz Guedes (2001-2004). A partir de 2001, uns meses máis tarde, como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
  9. José Antonio Santiso Miramontes (2004-2005).
  10. Alfredo Suárez Canal (2005-2009). Como conselleiro de Medio Rural.
  11. Samuel Juárez (2009-2012).
  12. Rosa Quintana (2012-). Como conselleira de Medio Rural e do Mar.

[editar] Estrutura interna

[editar] Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que ocupa Francisco José Vidal-Pardo y Pardo, a consellería do Medio Rural e do Mar conta coas seguintes secretarías e direccións xerais:

[editar] Entes asociados

[editar] Outros entes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas