Corina Porro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corina Porro na toma de posesión á fronte do CES.

María Corina Porro Martínez, nada en Ferrol o 1 de decembro de 1953, é unha política galega e diplomada en enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleira polo PPdeG no concello de Vigo entre 1995 e 1999. Foi directora xeral de Servizos Sociais entre 1999 e 2001. Deputada do Parlamento de Galiza e Conselleira de Asuntos Sociais durante o período 2002-2003. Foi senadora por designación autonómica entre 2004 e 2006 e nas Eleccións Xerais de 2008 pola provincia de Pontevedra[2].

Chegou a alcaldía de Vigo no 2003 tras unha moción de confianza perdida polo socialista Ventura Pérez Mariño, asociada á aprobación das ordenanzas fiscais, na que votaron a favor os dez concelleiros do PPdeG e os sete do BNG e en contra os oito concelleiros do PSdeG-PSOE e os dous de PROVI. Permaneceu no cargo ata as eleccións locais españolas de 2007, nas que, aínda que a súa lista conseguiu 13 concelleiros, a suma dos concelleiros socialistas (9) e do BNG (cinco) levaron á alcaldía ó socialista Abel Caballero. Foi presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo (2009-2011).


Predecesor:
Ventura Pérez Mariño
Escudo Vigo.jpg
alcaldesa de Vigo

2003-2007
Sucesor:
Abel Caballero
Predecesor:
nova creación
Escudo de Galicia.svg
conselleira de Asuntos Sociais

2001-2003
Sucesor:
María Xosé Cimadevila
Predecesor:
Suso Paz
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo
2009-2011
Sucesor:
Ignacio López-Chaves

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]