Octópodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polbo representado nunha vasija micénica de 1.500 aC

Os octópodos (Octopoda, Leach 1818; do grego, octó, oito, e podós, pés) son unha orde de moluscos cefalópodos da infraclase Octopodiformes, coñecidos como polbos. Son animais mariños e carnívoros. Carecen de cuncha e posúen oito brazos dotados de ventosas.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Os polbos máis pequenos, como o polbo de aneis azuis de Australia chega a medir 15 cm. O polbo común pode alcanzar os 3 m de longo e os 12 kg de peso. As especies máis grandes, como Haliphron atlanticus e Enteroctopus dofleini poden chegar a medir 6 metros e pesar 70 kg.

A coloración é variable, e modifícase para camuflarse co medio. Tamén son quen de moficicar a textura da pel para imitar á superficie da rocha na que se agochan.

Son globosos e carecen de aletas (a diferenza dos decápodos, coma a lura).

Anatomía[editar | editar a fonte]

A boca está provista dun bico córneo. Posúen uns ollos moi desenvolvidos, un cerebro e tres corazóns. Dispoñen dun sifón que permite o movemento por expulsión dun chorro de auga; este sifón pode cambiar de dirección, a diferenza do das luras. Cada uno dos oito brazos está conectado cun pequeno cerebro, dependente do principal, que controla o movemento do brazo.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Os polbos son animais carnívoros e aliméntanse de peixes pequenos, crustáceos e moluscos bivalvos.

O terceiro brazo é en realidade un órgano copulador modificado, denominado hectocotylus, que introducen na cloaca da femia para depositar os espermatozoides. A femia colocará os ovos pendurados do teito da cova na que se protexe, a modo de acios. Coida dos ovos ata que estes eclosionan, arredando os depredadores e osixenando a auga da cova.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Segundo WORMS divídense en dous subordes e sete familias ou superfamilias:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Octópodos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Octópodos