Caramuxo
O caramuxo, caramuxa, caramecha, mincha ou bígaro (Littorina littorea, Linnaeus 1767) é un molusco gasterópodo mariño, de pequeno tamaño, que vive nas zonas rochosas da costa. Pertence á familia dos litorínidos (Littorinidae), da orde dos Sorbeoconcha.
Índice |
Morfoloxía [editar]
Presenta a cuncha cónica, en espiral e ápice en punta, alcanzando tamaños máximos de 2,5 cm de altura. A cor é habitualmente escura (parda a negra), mostrando bandas concéntricas claras e escuras. Na superficie vense numerosas estrías espirais.
A abertura da cuncha é ovoide e o opérculo, de natureza córnea, pecha esa abertura durante a baixamar.
O caramuxo ten dous tentáculos longos e os ollos na base deles. O pé é forte.
Hábitat e bioloxía [editar]
Vive sobre as pedras e algas da franza intermareal, distribuíndose no Atlántico e Mediterráneo.
Aliméntase, como as lapas, das algas que colonizan as pedras.
Aproveitamento pesqueiro e comercial [editar]
É un molusco comestible e bastante apreciado.
Existen outras especies semellantes, algunhas comestibles e outras non.
O caramuxo en Galicia [editar]
Outros nomes populares deste molusco son os de cornecho (común a outros gasterópodos de cuncha en espiral), cuco, meiga; en Malpica chámano mexacán [1].
Segundo Eladio Rodríguez dunha muller pequena de corpo dise que é unha mincha.
Sarmiento contaba o seguinte:
Notas [editar]
- ↑ Ríos Panisse non se define sobre a orixe deste nome se poida deber á planta do mesmo nome (Taraxacum officinale), a que produza algún tipo de irritación na pel (mexacán ou coxo) ou á síncopa dun posible ameixa de can.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
- SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.