Decápodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Decápodos
(Decapoda)
"Decapoda", por Ernst Haeckelen Formas da Arte da Natureza, 1904
"Decapoda", por Ernst Haeckel
en Formas da Arte da Natureza, 1904
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Superorde: Eucarida
Orde: Decapoda
Latreille, 1802
Subordes

A dos decápodos (Decapoda, do grego δέκα déka, "dez" e πούς, ποδός poús, podós, "pé") é unha orde de crustáceos dentro da clase dos malacostráceos (Malacostraca), que comprende moitos grupos, como cangrexos, nécoras e centolas (braquiúros), lagostas, camaróns, etc.

Anatomía[editar | editar a fonte]

Como o seu nome indica, todos os decápodos teñen dez patas; son os últimos cinco dos oito pares de apéndices torácicos característicos dos crustáceos. Os tres primeiros pares funcionan como pezas bucais, denominándose maxilípedos ao resto de pereiópodos.

En moitos decápodos, porén, un par de patas teñen pinzas alongadas; a pinza chámase quela, polo que esas patas poden chamarse quelípodos.

Outros apéndices encóntranse no pleon ou abdome, onde cada segmento posúe un par de pleópodos birrámeos, dos cales os últimos forman parte da cola (xunto co telson) e son denominados urópodos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A clasificación da orden depende da estrutura das branquias e das patas, e do modo en que se desenvolven as súas larvas, dando lugar a dúas subordes:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Decápodos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Decápodos